Menu Xerais

Unha historia chea de lirismo: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.

 

Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey con ilustracións de Laura Súa Campos; unhas imaxes con moito movemento e liñas curvas que nos traen o aire dunha época que coñecemos a través das postais. Unha historia chea de lirismo que nalgún momento pode lembrar as de Juan farias. Un tempo de guerra no que un rapaz de familia de pastores admira a un amigo do pai que traballa colocando postes para a telefonía… esa maneira de subir ao máis alto dos paus e esa bicicleta… polo medio, formando o núcleo do relato a desaparición do pai que ha de fuxir e andar pola cadea antes de volver á casa, pero cando iso sucede xa ten desaparecido ese home lagarto que tanto lles axudara na súa ausencia con alimentos do corpo e do espíritu, con libros e lembranzas de Miguel Hernández. Ese neno esfórzase en manter a respiración para darlle azos á esperanza e nós acompañámolo por eses camiños de Albarracín e Gaudalaviar, por eses tempos tristes dos que aínda queda recordo e escritoras dispostas a contárnolos.

Deixa un comentario!