Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Gastronomía, Monografías, Xerais
Chega o entroido, é tempo de orellas, filloas e peliqueiros e en Xerais recuperamos dous excelentes libros sobre este tempo tan de noso, con humor crítico e gastronomía. Miguel Vilas ofrécenos o xeito de cociñar e disfrutar do cocido, do lacón con grelos, da androlla, das filloas e freixós, das orellas de frade, das rosquillas, do tripón doce, etc.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xuvenil
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Narrativa, Premios_Xerais
O escritor Manuel Rivas presentou onte en Carballo, na Biblioteca Rego da Balsa, a súa novela O último día de Terranova. Reproducimos a información da Voz de Galicia:
Un día feliz para as librarías e os libreiros
O escritor Manuel Rivas presentou na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo «O último día de Terranova»
Manuel Rivas volveu onte a onde tanto tempo pasou e a onde tanto escribiu: Carballo.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Críticas, Infantil, Literatura_tradición_oral
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Biblioteca Dramática Galega, Teatro
A representación teatral da obra Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, que foi Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014, estereouse no Teatro Rosalía de Castro de Compostela e comeza agora a súa andaina polos escenarios do país. Da man de Ibuprofeno, esta fin de semana represéntase en Cangas en dobre función: o venres ás 11.00h (concertada con centros de ensino) e o sábado ás 21.00h no Auditorio Municipal.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 5 de febreiro, ás 19:00 horas, na FNAC, praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación da novela A noite enriba de Diego Ameixeiras.
No acto participarán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado e Diego Ameixeiras.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 4 de febreiro, ás 20:00 horas, n’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas.
No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Manuel Bragado e Manuel Rivas.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2016 nas categorías Grandes Obras, Presentacións
O luns, 1 de febreiro, ás 20:00 horas n’ A Casa das Campás, en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2016 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xuvenil
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Andrea Maceiras sobre a súa novela Europa Express, de Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.
A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
Tempo de lecer publicou unha entrevista con Diego Ameixeiras sobre a súa novela A noite enriba.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2016 nas categorías Álbums, Blogs, Críticas, Infantil, Merliño
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón.
O día que choveu do revés
Volve María Canosa a agasallarnos cun sorriso doce cunha das súas propostas de lectura infantil, publicada desta volta por Xerais con ilustracións de Dani Padrón: O día que choveu do revés ten un protagonista moi particular: as nubes.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2016 nas categorías Blogs, Infantil, Literatura_tradición_oral
O blog Vasoiras de xibarda publicou unha anotación sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.
UNHA LENDA, UN POEMA, UN DESEÑO; UNHA LENDA, UN POEMA, UN DESEÑO; UNHA LENDA…
A idea é óptima.
Ler máis →