Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2016

Antonio Tizón: «Escribir sérveme como terapia»

A revista Vimbios publicou unha entrevista con Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Dunha autora revelación chea de enxeño: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Bragádegos publicou unha recensión crítica sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Alberto Fortes: «Escribín unha novela de aventuras ambientada na época da famosa fame de Galicia de 1769, que non parou de chover dende xuño ao Nadal»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Alberto Fortes, que acaba de publiciar a novela O dobrón de a oito, que narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais.

Diego Ameixeiras: «Conseguín maior liberdade para imaxinar mundos diferentes aos das miñas anteriores obras»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a a Diego Ameixeiras sobre a súa novela A noite enriba.     Diego Ameixeiras: «A min gústame escribir, non ser escritor» “No portal do edificio, situado a escasos metros da confluencia entre a rúa Vila Real e Ervedelo, atopouse coa muller que limpaba as escaleiras”.

Un discurso narrativo cargado de imaxinación e fantasía: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón. Crítica de Ramón Nicolás

Un discurso narrativo cargado de imaxinación e fantasía: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre o álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón.   O día que choveu do revés, de María Canosa Non cabe dúbida que a autora ceense vai converténdose, por dereito propio, nunha das voces de currículo máis completo e afortunado da nosa literatura infantil e xuvenil de arestora.

Unha trama que comeza na Taberna de Lusquiños na Galicia do XVIII: «O dobrón de a oito», de Alberto Fortes

Os xornais Diario de Arousa e Diario de Ferrol publicaron unha nota sobre a novela O dobrón de a oito, de Alberto Fortes. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Diego Ameixeiras: «Para min escribir é un xeito de ordenar a miña propia vida»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Montse García a Diego Ameixeiras sobre a súa novela A noite enriba. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Dar respostas observando o noso arredor: «Para onde imos cando desaparecemos», de Isabel Minhós e Madalena Matoso. Anotación en Rede Lectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, o álbum ilustrado Para onde imos cando desaparecemos, de Isabel Minhós e Madalena Matoso.   Para onde imos cando desaparecemos? Xerais publica Para onde imos cando desaparecemos?  álbum de Isabel Minhós Martíns, con ilustracións de Madalena Matoso. A tradución do portugués é de Anaír Rodríguez.

Emigración, emoción e esperanza: «Vaite xa!», de Marcos Viso. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Vaite xa!, de Marcos Viso.

Novidade: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón. Cando as nubes fixeron unha estraña folga…

O álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón, é unha novidade de literatura infantil de Xerais. O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes.

Presentación en Pontevedra de “A noite enriba” de Diego Ameixeiras

O sábado, 30 de xaneiro de 2016, ás 12:30 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” arredor da novela A noite enriba de Diego Ameixeiras. No acto participará Alejandro Espiño e Diego Ameixeiras.

Diego Ameixeiras, unha das voces máis interesantes e solventes do xénero de novela negra en Galicia

A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha información sobre o escritor Diego Ameixeiras e a súa novela A noite enriba. (Foto de Miguel Villar).