Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2016

Antonio Manuel Fraga: «Nos libros case sempre acabo recorrendo esa zona de confort que é o territorio da miña infancia»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista con Antonio Manuel Fraga (Foto de Antía G. Sendón).   A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Fermoso álbum sobre a ausencia e a morte, sen dramatimos: «Para onde imos cando desaparecemos», de Isabel Minhós e Madalena Matoso. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Para onde imos cando desaparecemos, de Isabel Minhós e Madalena Matoso.

A soidade do escritor: «A noite enriba», de Diego Ameixeiras. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Ourense da novela A noite enriba, de Diego Ameixeiras.

A novela «O club da calceta», de María Reimóndez, publicada en Francia

A novela O club da calceta, de María Reimóndez, acaba de ser traducida ao francés na editorial Solanhets. En galego, O club da calceta leva publicadas 10 edicións e mereceu o Premio de Novela San Clemente en 2007. Da novela fixéronse tamén versións cinematográficas e teatrais.

Os libros do 2015 escollidos por César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha listaxe na que fala dos que son, ao seu ver, os mellores libros de 2015. Reproducimos os de Xerais:   Biblioteca escollida do 2015 Esta listaxe de libros recomendados do ano que vén de rematar completa estoutra que publicamos no verán.

Ficción dentro da ficción do xénero negro: «A noite enriba», de Diego Ameixeiras. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela A noite enriba, de Diego Ameixeiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O evocador de historias: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Reportaxe de Javier Pintor

A revista Que Leer publico unha reportaxe de Javier Pintor ao escritor Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A redondez dunha novela completa: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.     A VERSIÓN OFICIAL Podemos vivir cos silencios, podemos vivir coa incerteza, podemos vivir coas lagoas dun pasado que nos pertence mais que, polos motivos que sexan, descoñecemos. Pódese.

Novidade: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Historias que aparentan estar collidas das rúas

Liquidación de existencias, de Ramón Caride, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida. O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo.

Presentación en Carballo de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O xoves, 28 de xaneiro de 2016, ás 20:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, rúa de Bos Aires, s/nº, Carballo, terá lugar a conversa, lectura e presentación da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Diego Ameixeiras: «Dosificar a información é fundamental para un escritor; dicir menos é tratar o lector con máis respecto»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Diego Ameixeiras sobre a súa novela A noite enriba. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha historia de historias: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.