Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2016

Os seus derradeiros meses de vida: «A morte de Valle-Inclán. O último esperpento»

O Diario de Arousa publicou unha recensión sobre o libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento, de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán Alsina e José Monleón Bennácer. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un libro que nos deixa a soas cos nosos temores: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Crítica de Eli Ríos

Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde.     Funambulistas Hai xa tempo que quería desmiuzar un chisco Funambulistas, de Mercedes Leobalde, porque me impresionou a súa lectura, pero había algo que me inquietaba e non tiña moi claro qué era. Así que, como os bos viños, deixei repousar o tema ata que chegase o momento. E chegou.

Os Premios Fervenzas Literarias 2015 recoñecen obras e autores/as de Xerais en nove categorías

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Explorando con solidez os límites da novela negra: «A noite enriba», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A noite enriba, de Diego Ameixeiras.   De Oregón a Filadelfia Nun exercicio singular Diego Amexeiras explora os límites da novela negra, confirmando que as súas achegas son hoxe esenciais para a vitalidade e os novos horizontes do xénero.

Manuel Rivas: «Unha sociedade que sofre amnesia ten unha doenza, un problema moral»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Manuel Rivas sobre a súa sobre a novela O último día de Terranova. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Novela marabillosamente contruída, que envolve o lector e faise cómplice con el: «Europa Express», de Andrea Maceiras

O blog de literatura infantil Bragádegos publicou unha recensión crítica sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.

«O reto de ilustrar un libro que me enganchou», por Marcos Viso

  O ilustrador Marcos Viso publicou no seu blog unha anotación sobre o proceso creativo arredor do libro Unha casiña branca, de Marcos Calveiro.     Unha Casiña Branca Este foi un deses traballos  nos que para min, o texto do autor (Marcos Calveiro),  por unha banda enganchan dende a primeira palabra escrita, e por outra son todo un reto á hora de ilustrar.

María Reimóndez participa no festival literario The Hindu Lit For Life Festival na India

A escritora María Reimóndez participa mañá na India no festival literario The Hindu Lit For Life Festival, no que recitará poemas de Moda galega e Presente continuo (Xerais, 2013). Reproducimos a información e a fotografía de Galicahoxe.com.

Personaxes intrépidos e vulnerables: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Mario Regueira escolle «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo, como un dos tres mellores libros do ano

O escritor e crítico Mario Regueira elixiu  Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo entre os tres mellores libros do ano 2015.   Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo  Non só a que considero a mellor novela deste ano, senón tamén unha das máis destacadas do último lustro da literatura galega.

Xabier Quiroga: «Chegado un momento eliminouse a pegada da presenza dos nazis en Galicia»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xabier Quiroga sobre a súa novela Izan o da saca. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Ourense de “A noite enriba” de Diego Ameixeiras

O xoves, 21 de xaneiro de 2016, ás 19:30 horas, na librería Internacional-Espacio Lector Nobel, rúa Concordia, 8, Ourense, terá lugar a presentación da novela A noite enriba de Diego Ameixeiras. No acto participarán Elisa Iglesias Gil, Manuel Bragado e Diego Ameixeiras.