Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2016

Unha serie intensa e adictiva: «Dragal», de Elena Gallego Abad

O blog Archimago a tus archimagias publicou unha recensión crítica  sobre a serie Dragal, de Elena Gallego Abad.   Reseña: Dragal de Elena Gallego Abad Si un libro tiene un dragón en la portada, es muy probable que acabe en mis manos. Si, además, narra una deslumbrante historia de fantasía, pasadizos ocultos, misterios y profecías, su éxito en mi estantería está prácticamente asegurado.

Ledicia Costas: «A literatura axúdame a darlle sentido ao mundo no que vivo». Entrevista de Ramiro Torres

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres á escritora Ledicia Costas.   Entrevista à escritora galega Ledicia Costas - Palavra Comum: Que é para ti a literatura? - Ledicia Costas: É difícil contestar esta pregunta sen caer en tópicos ou frases feitas. Toda a miña vida xira arredor da literatura. É unha parte moi importante de min, aquela que me axuda a darlle sentido ao mundo no que vivo.

Antón Patiño: «Non se entendería o proceso das vangardas se non fose pola alianza entre artistas visuais e poetas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Antón Patiño sobre o seu poemario Teoría do riso. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O amor, a amizade e a fraxilidade do ser humano: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.     Europa Express, de Andrea Maceiras Nunca, polo de agora, me defraudou Andrea Maceiras como narradora. Tampouco o fixo con este Europa Express que chega, ademais, avalado por acadar o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.

Un libro que se le cun sorriso nos beizos: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo.     Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo Hai xa algún tempo, ao fío da publicación da primeira novela de Pedro Feijoo, o autor afirmaba con modestia que o seu non era nada novo, que el levaba “un Don Quixote no peto e mais a Woody Allen na retina”.

A novela «O último día de Terranova», de Manuel Rivas, é a máis recomendada na Tabela dos libros

A novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, é o libro máis recomendado na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Unha deliciosa lectura: «Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido», de Jaureguizar. Crítica de Ana Gayoso Ramón

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Ana Gayoso Ramón sobre Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido, de Jaureguizar, pertencente á serie Os Sabuxos (colección Sopa de Libros).     Novas aventuras dos Sabuxos A volta de Nica, Sam, Pat e Norman.

Xavier Navaza: «O voto é un produto de consumo e as organizacións políticas compórtanse como marcas no mercado»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha reportaxe coas opinións do xornalista Xavier Navaza, sobre o seu libro Marcas, subítulado «Signo, comunicación e consumo na era da simulación». A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Cando o riso é un elemento subversivo: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas Teoría do riso, de Antón Patiño.     «Teoría do riso» de Antón Patiño, presentación en Librouro Pechamos onte o programa de actos e presentacións de 2015 coa de Teoría do riso de Antón Patiño.

As palabras «azul» e «intriga» describen as novelas «Nena e o mar» e «Europa Express». Entrevista en vídeo en Lectureka

O blog Libros Lectureka publicou unha entrevista con Érica Esmorís e Andrea Maceiras, autoras dos libros Nena e o mar  (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015) e Europa express  (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015), respectivamente.

O programa Zig Zag da TVG percorre os escenarios vigueses de «Morena, perigosa e románica» da man de Pedro Feijoo

O programa Zig Zag emitiu un percorrido literario, da man do escritor  Pedro Feijoo, polos escenarios vigueses da súa novela Morena, perigosa e románica. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Mary Quintero: «Neste libro está toda a miña andaina profesional»

O programa A Revista, presentado por María Solar, emitiu unha entrevista coa fotógrafa Mary Quintero, sobre o libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, escrito por Mary Quintero  e  Fernanda Padín. A entrevista pode verse nesta ligazón.