Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2016

Presentación en Bueu de “O dobrón de a oito” de Alberto Fortes

O venres, 4 de marzo, ás 20:30 horas, no Museo Massó de Bueu, terá lugar a presentación da novela O dobrón de a oito de Alberto Fortes. No acto, organizado en colaboración coa librería Miranda,  participarán Manuel Bragado e Alberto Fortes.

Presentación en Santiago de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O xoves, 3 de marzo, de 2016, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Suso de Toro, Pablo Vaamonde, Manuel Bragado e Manuel Iglesias Turnes.

«Caldo de groria» para Rosalía. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.   Caldo de groria para Rosalía Celebramos onte o día de Rosalía en Padrón presentando a edición crítica de Follas novas preparada por Anxo Angueira.

Antón Patiño: «Gústame que o poema faga un baile tipográfico sobre a páxina en branco». Reportaxe no Zig Zag da TVG

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co poeta e pintor Antón Patiño, sobre o libro de poemas Teoría do riso. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha sociedade deshumanizada e alienada: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueirasobre  o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Elena Gallego: «Encantaríame que Dragal chegase ás mesmas linguas e países que Harry Potter»

O xornal La Región publica unha entrevista de Marta Salgado a  Elena Gallego Abad sobre  a saga Dragal.

Presentacion en Negreira de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O venres, 26 de febreiro, 2016, ás 21:00 horas na Casa da Cultura, San Mauro, 11, de Negreira, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. O acto contará coa participación de Suso de Toro, profesor e escritor; Pablo Vaamonde, médico e escritor; Cándido Iglesias, gandeiro; Che Turnes, empresario; Manuel Bragado, director de Xerais e Manuel Iglesias Turnes, autor.

Manuel Iglesias Turnes: «Alguén ten que falar do rural nun país como Galicia, onde o noso sector ten moitísimo peso»

A revista Afriga publicou unha entrevista a Manuel Iglesias Turnes sobre a súa nova novela, Que non te aten.  «Hai unha xente moi preparada á fronte das explotacións: é o que quero que vexa o mundo urbano» Sae Que non te aten, a nova novela do rural galego de Manuel Iglesias Turnes, editada por Xerais. Falamos co autor das súas claves. —A túa primeira obra, As rapazas de Xan, tivo moi boa acollida.

Novidade: «Follas novas», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. Unha das grandes referencias da poesía universal

Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Despois de “Cantares gallegos” (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880).

Unha historia chea de humor e enxeño: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón.     «O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS», de MARÍA CANOSA: UN CONFLITO ENTRE AS NUBES E O SOL QUE PROVOCA UNHA ENORME DESFEITA      Facer unha folga traballando é un acto inverosímil.

Novidade: «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada. Unha visión sintética, persoal e amena do escritor das Letras Galegas 2016

Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada é unha novidade de Xerais para as Letras Galegas 2016. O libro está ilustrado por Víctor Tizón. Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país.

Un accidente de aviación na raia para unha novela de espionaxe: «Por que as sombras non teñen ollos», de Luís García Mañá

O blog Leyendo en mi rincón publicou unha anotación sobre a novela Por que as sombras non teñen ollos, de Luís García Mañá.   Por que as sombras non teñen ollos RESEÑA Antes de empezar con la reseña como se puede deducir del titulo de la misma, el libro esta en gallego. Esta novela esta basada en un hecho histórico, como fue el accidente aéreo de un bombardero inglés en 1944 en Serra da Pena entre España y Portugal.