Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2016

Alfredo Conde: «O que me gusta é estar na casa lendo ou escribindo»

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista co escritor Alfredo Conde.   Parlamento das Letras Alfredo Conde Impredicible. Inclasificable. Indócil. Mariño mercante das palabras. Xornalista profuso. Opinador de cuestión palpitante e verbo rápido. Narrador de alento incansable. Escritor de lingua bífida: pola banda de Laíño, Rosalía; pola banda de Lestrove, Valle.

As curiosas aventuras de Martiño, do fidalgo de Dornas e do gaiteiro Gures: «O dobrón de a oito», de Alberto Fortes.

No Diario de Pontevedra e en El Progreso aparece unha recensión sobre a novela O dobrón de a oito, de Alberto Fortes. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas: «O gran drama no que sucumbe Terranova é que camiñamos cara a distopía, onde todo o que non se pode vender con beneficio non merece existir»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas. Esta mañá, diversos medios anuncian que Rivas será guionista dunha serie sobre narcotráfico que se desenvolverá a partir  da súa novela Todo é silencio.

Un traballo crítico e multidisciplinar: «Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea», de Diego Conde Gómez

O xornal La Voz de Galicia publicou un artigo de X. Amancio Liñares Giraut sobre o libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea, de Diego Conde Gómez. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Artigo de Manuel Veiga sobre Pedro Feijoo en Biosbardia: «Pedro Feixoo, o malestar dun autor optimista»

BiosBardia publicou un artigo de Manuel Veiga Taboada co título «Pedro Feixoo, o malestar dun autor optimista   Pedro Feixoo, o malestar dun autor optimista Nas últimas semanas, o escritor Pedro Feixoo respondía, en tres entrevistas, e con notábel claridade, a algunhas críticas recibidas. En La Voz de Galicia, dicía que: “aburre escoitar a algúns críticos desprezar o best seller galego”.

Federico Cocho: «A sátira, a burla e a invasión da rúa e moi típica de carnaval»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Federico Cocho sobre o seu libro O carnaval en Galicia.     «Choqueiro ven das chocas que levaban as vacas» O xornalista é autor de tres libros sobre o entroido galego Xinzo é un dos vértices do chamado triángulo máxico do entroido galego. Alí naceu Federico Cocho, xornalista e autor de tres libros sobre esta festa central das celebracións galegas.

Ramón Caride: «A literatura ten que falar tamén da violencia estrutural»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Ramón Caride sobre o seu libro Liquidación de existencias. A entrevista pode verse nesta ligazón.

A Ruta das Ratas, con humor e retranca: «Izan o da saca», de Xabier Quiroga. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela zan o da saca, de Xabier Quiroga. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Redimensionar ao poeta de Cambados: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Se hai algo que lle sobra á literatura galega é o pesimismo»

Os xornais Faro de Vigo e La Opinión da Coruña publicaron unha entrevista de Carmen Villar a Pedro Feijoo, que recibiu o o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela A memoria da choiva.

Presentación en Sigüeiro-Oroso do libro “Juan Rof Codina”

O venres, 12 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa, rúa Cultura, 1, en Sigüeiro-Oroso, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez, recentemente galardonado co Premio “Jesús García Calvo” de Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativistmo, 2016.

Presentación en Pontevedra de “O dobrón de a oito” de Alberto Fortes

O venres, 12 de febreiro, ás 20:00 horas, n’ A Casa da Luz, Praza da Verdura, s/nº de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O dobrón de a oito de Alberto Fortes. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Antón Sobral, Manuel Bragado e Alberto Fortes.