Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2016

Presentación en Ferrol de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 11 de febreiro, ás 20:00 horas, na Sociedade Galega de Historia Natural, Praza de Canido, s/nº, de Ferrol, terá lugar unha nova sesión de “Océano para Terrícolas” presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. O acto está organizado pola Asociación Muíño do Vento.

Reivindicación dos mestres de Pedro Feijoo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o escritor Pedro Feijoo, que recibiu onte por segunda vez o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, nesta ocasión pola súa novela A memoria da choiva. Os outros dous gañadores foron Colm Tóibín por O testamento de María e Javier Cercas por El Impostor.

Mary Quintero: as fotografías da luz. Anotación de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a fotógrafa Mary Quintero e o libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, elaborado en coautoría con Fernanda Padín.     Mary Quintero no Foro Foto do Ateneo de Pontevedra Acompañei onte a Mary Quintero na conferencia que ditou no Foro Foto do Ateneo de Pontevedra.

Michel Tournier en galego

O blog de Barbantia publicou un artigo de Miguel Mariño sobre Michel Tournier.       Na morte de Michel Tournier Faleceu nestes días Michel Tournier, unha das grandes figuras da literatura francesa, morte que tivo pouco eco nos pobres medios xornalísticos que temos a desgraza de subvencionar.

O álbum ilustrado «Para onde imos cando desaparecemos», de Isabel Minhós e Madalena Matoso, entre os máis recomendados na Tabela dos libros

O álbum ilustrado Para onde imos cando desaparecemos, de Isabel Minhós e Madalena Matoso, está entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

A emigración e o desarraigo tratados con solvencia e lirismo: «Vaite xa!», de Marcos Viso. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre o álbum ilustrado Vaite xa!, de Marcos Viso.     Vaite xa!, de Marcos Viso Non é doado tratar, nun álbum ilustrado destinado a un lectorado inicial, o tema da emigración e das fendas que produce o desarraigo persoal, familiar e social.

A vida tras a cámara: «Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos»

A revista do Diario de Pontevedra publicou unha reportaxe de Marta Balo sobre o libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, que ela mesma elaborou en coautoría con Fernanda Padín.   A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A viaxe como vía de coñecemento: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz.

No Diario de Pontevedra e en El Progreso aparece unha recensión sobre a novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz.   A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Os máis vendidos de xaneiro: «O último día de Terranova», «Europa Express», «Escarlatina, a cociñeira defunta» e «O papiro do César»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 14 librarías galegas.

Un refuxio de almas: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas.

Santiago Cortegoso: «Raclette é un mosaico humano no que os universos dos personaxes forman unha panorámica da sociedade actual»

Praza Pública publicou unha entrevista de Alberto Ramos a Santiago Cortegoso Calvar sobre a obra Raclette, que foi Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais. «Raclette é un mosaico humano no que os universos dos personaxes forman unha panorámica da sociedade actual» Ibuprofeno Teatro vén de estrear Raclette, obra de Santiago Cortegoso galardoada no 2014 co Premio Álvaro Cunqueiro.