Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2016

Unha novela de aventuras ao estilo clásico: «O dobrón de a oito» de Alberto Fortes. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre a novela  O dobrón de a oito, de Alberto Fortes.     Alberto Fortes, «O dobrón de a oito» “O dobrón de a oito” é unha novela de aventuras ao estilo clásico, ateigada de corsarios e contrabandistas, na que unha morte sospeitosa sobrevoa o relato, e protagonizada por un rapaz, Martiño de Santadrán.

Héctor Cajaraville, Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta coa novela «Once portas»

O xornalista e escritor Héctor Cajaraville, recente gañador do Premio Xerais de Novela con De remate, foi galardoado onte co Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta que concede o Concello de Lugo pola súa obra Once portas, que conta unha historia que se centra na mullara de Santiago de Compostela.

Habitar o territorio do eu: «Os fillos da fame», de Ismael Ramos. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de poemas Os fillos da fame, de a Ismael Ramos, Premio de Poesía Johán Carballeira 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novela áxil: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Anotación dun lector

O blog Leyendo en mi rincón publicou unha anotación sobre a novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras.     Conduce Rápido RESEÑA Conduce rápido es una novela de historias entrecruzadas en la que personajes de distintos ambientes y sin aparente relación entre ellos acabarán interrelacionados. El nexo que une a estos personajes será parte de un cargamento de droga perdido por causa del mal tiempo.

Tertulia de Chus Nogueira e Amando Requeixo en torno a «Cara ao leste» e «Liquidación de existencias» no ZigZag Eirado

O programa Zig Zag Eirado emitiu unha tertulia de crítica literaria con Chus Nogueira e Armando Requeixo, que conversaron en torno a dous libros publicados recentemente por Xerais: a novela Cara ao leste, de Antía Nara,  e o libro de relatos Liquidación de existencias, de Ramón Caride. A tertulia pode verse premendo nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2016

Do 5 ao 10 de abril, na Praza da Ferrería e Paseo Odriozola, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais ten organizados os actos seguintes: O día 5 de abril, martes ás 19:00 horas, Alberto Fortes dará o Pregón e ao remate o escritor asinará exemplares do seu último libro O dobrón de a oito.

Presentación na Coruña de “A Galicia urbana” coord. por Rubén Lois e Daniel Pino

O martes, 5 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio da Fundación Luís Seoane, rúa San Francisco 27, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A Galicia urbana do que son coordinadores Rubén Lois e Daniel Pino. No acto participarán Xurxo Souto, escritor; Manuel Bragado, director de Xerais; Rubén Lois e Daniel Pino, coordinadores da obra e Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña.

Iniciativa ben fermosa: o libro-disco «A música das árbores», de Servando Barreiro e Anxo Moure. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro-disco A música das árbores, de Servando Barreiro e Anxo Moure.     A música das árbores Libro disco publicado por Xerais de Anxo Moure con Servando Barreiro, ilustrado por Chus Láuzara: A música das árbores é unha poesía cantada que reivindica o valor da natureza e, asemade, da nosa lingua.

Manuel Iglesias Turnes: «Na novela retrato o rural galego de hoxe, cunha gandería moderna e potente»

O Diario Cultural emitiu unha entrevista a Manuel Iglesias Turnes sobre a novela Que non te aten.

Marilar Aleixandre: «É moi importante que haxa máis mulleres nas institucións, mais tamén que haxa mulleres feministas»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Marilar Aleixandre.

Diversión e reflexión: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Dolores Martínez Torres

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O rural e a emigración nunha novela intensa: «Cara ao leste», de Antía Nara. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Cara ao leste, de Antía Nara.   Cara ao leste Gustoume a proposta que nos fai Antía Nara con Cara ao leste publicada por Xerais.