Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2016

Un espazo de múltiples ecos: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Recomendación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas.   «O último día de Terranova», o último de Rivas Publica Manuel Rivas en Xerais a súa novela, O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA, da que podemos ler unha breve recensión no blogue da editorial. Terranova será desde a súa lectura un espazo de múltiples ecos para os lectores e as lectoras galegas.

Carlos Negro: «Eu son un vendedor ambulante de palabras»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Carlos Negro polo seu novo poemario Masculino singular. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Izan o da saca», de Xabier Quiroga e «Amor en alpargatas», de Manuel Portas, finalistas da XXII edición do Premio Arcebispo Xoán de San Clemente

As novelas Izan o da saca de Xabier Quiroga, e Amor en alpargatas de Manuel Portas, foron elixidas onte entre as tres finalistas en lingua galega da XXII edición do Premio Literario Arcebispo Xoán de San Clemente, tal e como se soubo na presentación que fixo en Compostela o IES Rosalía de Castro. A outra novela finalista en lingua galega foi As últimas galerías, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo.

Saber definir a choiva, a neve, o corisco, a poalla, o pedrazo: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón.

Booktrailer de «De pergameos, follas voandeiras, libros ao punto gal. Breve historia da literatura galega», de Mercedes Queixas Zas

Booktrailer de De pergameos, follas voandeiras, libros ao punto gal. Breve historia da literatura galega, libro de Mercedes Queixas Zas, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

Anxo Angueira: «Con Follas Novas, Rosalía entra na alta poesía europea»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Anxo Angueira e a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «Masculino singular», de Carlos Negro. Poesía cun corte de sangue no medio do afeitado

Masculino singular, de Carlos Negro, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos.

Lectura agradable, rica, chea de complicidades e chiscadelas: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Antonio Piñeiro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   Liquidación de existencias, de Ramón Caride. Andrés e mais Cesar, o Cesariño, dous mozos estudantes e vividores en Compostela, planifican a execución dun secuestro exprés mentres transitan pola noite santiaguesa.

Unha novela breve pero intensa: «Cara ao leste», de Antía Nara. Recomendación do blog da Asesoría das Bibliotecas Escolares

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a novela Cara ao leste, de Antía Nara.   Cara ao leste de Antía Nara Xerais vén de publicar Cara ao leste de Antía Nara, unha investigadora galega que reside en Berlín. Esta é a súa segunda novela despois de Aquel lugar (Xerais, 2007). Catro mozas reencóntranse, despois de dezanove anos, para velar a Isolina.

Novidade: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville, Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández, é unha novidade da colección Merlín (De 9 anos en diante). Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias.

Unha edición que dá xenio ter entre as mans: «Follas novas», de Rosalía de Castro. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Antía Nara: «Hai pouca reflexión sobre o rural en Galicia». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Antía Nara sobre a súa novela Cara ao leste. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.