Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2016

Nove historias dun realismo descarnado: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   REALISMO INCONDICIONAL Están nun libro, mais estas historias ben podían saír nun telexornal, en medios xornalísticos ou mesmo na realidade da nosa andaina vital.

Un personaxe carismático: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de César Lorenzo Gil

Céar Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   ‘De remate’, o columnista carismático De remate é o debú literario de Héitor Caxaraville. A novela gañou o Xerais 2015.

Unha novela que fai que nos interroguemos sobre o futuro dos libros: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas

Galicia confidencial publicou unha anotación de Tensy Gesteira sobre Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova.

Marcos Abalde, Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía

O escritor Marcos Abalde Covelo resultou gañador da V edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía cun poemario titulado Exhumación, que publicará Xerais. Nesta ligazón pode consultarse a acta do xurado en pdf. Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982) , membro de EStaleiro Editora, obtivo xa varios galardóns, entre eles, o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira, que publicou Xerais.

O futuro do rural e as novelas da Manuel Iglesias Turnes. Artigo de Pablo Vaamonde

Pablo Vaamonde publicou en diversos medios un artigo sobre as novelas de Manuel Iglesias Turnes, que acaba de dar á luz a novela Que non te aten. O futuro será rural Estes días estiven relendo as dúas novelas publicadas por Manuel Iglesias Turnes. Na primeira, As rapazas de Xan, recrea con acerto e emoción o mundo dos seus avós, as penurias da aldea e a busca dun futuro mellor nas Américas.

«Follas novas»: outra memorable edición crítica de Rosalía. Por Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira.