Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2016

Activismo literario de Xerais

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación titulada «Activismo literario de Xerais».   Activismo literario de Xerais Foi onte outra intensa xornada de activismo literario de Xerais, no que durante o serán se desenvolveron tres presentacións simultáneas doutras tantas novidades recentes da editorial.

Historias crúas e acedas, nas que agroman a denuncia, o compromiso e o humor: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre  Liquidación de existencias, de Ramón Caride.     Oito liquidacións e un secuestro exprés Volve Ramón Caride a practicar ese subxénero que, na miña estima, mellor lle acae, e que mellor nos presta aos lectores.

Mario Regueira: «Entendo os distintos xéneros literarios como parte dun mesmo proceso creativo»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista de Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Mario Regueira.   Mario Regueira: «Para min, un dos maiores exemplos de resistencia cultural podería ser a persistencia da música africana baixo a escravitude e o seu papel no desenvolvemento das músicas de América, como o blues, o jazz ou a bossa nova» Mario Regueira (Ferrol, 1979).

Presentación en Noia de “Os fillos da fame” de Ismael Ramos

O venres, 8 de abril, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Casa da Cultura, corredoira Luis Cadarso, 6, en Noia, terá lugar a presentación de Os fillos da fame de Ismael Ramos, XVIII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. No acto participarán David Pérez Iglesias, Fran Alonso e Ismael Ramos.

Presentación en Vigo de “Esmeraldina, a pequena defunta” de Ledicia Costas

O venres, 8 de abril, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, en Vigo, terá lugar a presentación do libro Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas. No acto participarán Víctor Rivas, Manuel Bragado e Ledicia Costas.