Publicado o 26 Abril, 2016 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, LibroX, Merlín
Do 30 de abril ao 10 de maio, na Alameda, terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2016 na que Xerais ten organizados os actos seguintes:
Día 2 de maio, luns, ás 20:00 h.: Presentación de De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal de Mercedes Queixas Zas con Manuel Bragado.
Día 3 de maio, martes, ás 20:30 h.: Presentación de O volframio en Varilongo de Carmen Blanco Ramos con Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 26 Abril, 2016 nas categorías Crónica
A web Lermos.gal faise eco da publicación do libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.
«O volframio en Varilongo» de Carmen Blanco Ramos
O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos
anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía
sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos.
Ler máis →
Publicado o 26 Abril, 2016 nas categorías Milmanda, Presentacións
O domingo, 1 de maio, ás 12:30 horas, na Expo-Libro Mondoñedo, Praza Jaime Cabot, terá lugar a presentación do libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa.
Esta presentación forma parte do programa Mondoñedo é poesía 2016 que se desenvolve entre o sábado, 30 de abril e o domingo, 1 de maio.
Ler máis →
Publicado o 26 Abril, 2016 nas categorías Sin categoría
O venres, 29 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de Xosé Ricardo Losada.
O acto está organizado polo concello de Padrón dentro da programación das Letras Galegas 2016.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Entrevistas, Infantil, Sopa de Libros
A xornalista e escritora María Solar entrevista a Miguel López, El Hematocrítico, na Revista Fin de Semana na TVG, sobre o seu libro Feliz Feroz. O lobiño riquiño, ilustrado por Alberto Vázquez.
A entrevista pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Artigos literarios, Crónica
O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo sobre a actualidade literaria e cinematográfica do volfram arredor da película «Lobos sucios» e o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Blogs, Fóra de Xogo, Presentacións, Xuvenil
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Tártarus, de Antonio Manuel Fraga.
«Tártarus» de Antonio Manuel Fraga
Moito pagou a pena a presentación de Tártarus, a novela de Antonio Manuel Fraga, que fixemos na FNAC con motivo do día do libro.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Audios, Autores, Entrevistas, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Álex Alonso sobre o seu libro de relatos Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Autores, Clubs_de_lectura, Natureza, Noticias, Premios
A escritora Ledicia Costas, que se atopa na Feira do Libro de Bos Aires, foi recoñecida esta fin de semana con dous premios: O Premio dos Clubs de Lectura 2016, que concede a Asesoría de Bibliotecas Escolares, dependente da Consellería de Educación e Cultura, así como co Premio Antón Losada Diéguez no apartado de Literatura pola súa novela Un animal chamado néboa.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O escritor Manuel Rivas resultou galardoado esta fin de semanaco Premio da Crítica que concede a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) pola súa novela O último día de Terranova, publicada por Xerais. Así mesmo, a poeta María do Cebreiro alzouse co premio na modalidade de poesía, coa obra O deserto, publicada por Apiario.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros
Ramón Nicolás publicou no Caderno da crítica unha recensión sobre o libro Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre.
Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre
Particularmente, sempre leo con máximo interese posible o que unha voz como a de Marilar Aleixandre dea a coñecer. Tanto ten que sexa unha novela para o público adulto, poesía, literatura xuvenil ou, como neste caso, unha obra para un lectorado máis novo.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Merlín, Presentacións
O venres, 29 de abril, ás 20:00 horas, na librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación do libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro.
No acto participarán Ramón Nicolás, Helena Pérez e Antonio García Teijeiro.
Ler máis →