Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2016

Presentación en Santiago de “Masculino singular” de Carlos Negro

O xoves, 28 de abril, ás 20:30 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 , de Santiago, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro. No acto participarán Antía Otero, Fran Alonso e Carlos Negro.

Presentación en Pontevedra de “A rotura das paisaxes” de Xesús Constela

O xoves, 28 de abril, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A rotura das paisaxes de Xesús Constela. No acto participarán Ramón Rozas, Manuel Bragado e Xesús Constela.

Presentación en Muros de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O xoves, 28 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Música San Xosé de Muros, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán María Xosé Alfonso Torres, alcaldesa de Muros; Pilar Sampedro, mestra e activista cultural e Manuel Iglesias Turnes.

Introducir o imaxinario rural na novelística contemporánea con efectividade e talento: «Que non te aten» de Manuel Iglesias Turnes. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.

Unha novela para consumir con deleite e gozar: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas.   O último día de Terranova Moito gocei coa lectura deste o último libro de Manuel Rivas publicado por Xerais, O último día de Terranova, xa que esta autor ten un don máxico de xuntar as palabras de tal xeito que fai musica con elas e o ritmo lene e poético mantense en todas as súas páxinas.

Aquela nova California: «O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963)», de Carmen Blanco Ramos. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.

Novidade: «Historia das historias de Galicia», de Isidro Dubert (edit.), de autoría colectiva. Os cambios sociais, culturais ou ideolóxicos ao contar a historia

Historias das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert, é unha novidade da colección Crónica na que participan Manuel Gago, Francisco González García, José Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo Romero, María del Carmen Saavedra Vázquez, Pegerto Saavedra Fernández, Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto e Edelmiro López Iglesias.

Presentación en Santiago de “Quen dá a quenda? de Héctor Cajaraville

O mércores, 27 de abril, ás 12:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, de Santiago, Héctor Cajaraville manterá un encontro cos alumnos e alumnas do 6º curso de primaria do Colexio Vite e lles presentará o seu libro Quen dá a quenda? Héctor Cajaraville agasallou uns exemplares do libro ao Colexio Vite como agradecemento aos anos que cursou estudos neste centro.

Presentación en Santiago de “Historia das historias de Galicia” ed. Isidro Dubert

O martes, 26 de abril, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, en Santiago, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia ed. de Isidro Dubert. No acto participarán Lourenzo Fernández Prieto, Pegerto Saavedra, Manuel Gago, Manuel Bragado e Isidro Dubert.

Liquidación de Existencias

Lamentamos a coincidencia fortuíta de títulos entre a novela Liquidación de existencias (2016) de Ramón Caride e a obra Liquidación de Existencias de Marcos Lorenzo, publicada por Difusora de Letras, Artes e Ideas (2005). Tanto Xerais como Ramón Caride expresamos as nosas desculpas polos prexuízos que esta coincidencia de títulos puidese ter ocasionado a Marcos Lorenzo e a Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Interese por remover conciencias e reivindicar valores: «Tartarus», de Antonio Manuel Fraga. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre a novela Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, publicada en Fóra de Xogo. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Contar o rural desde dentro e con habilidade: «Que non te aten» de Manuel Iglesias Turnes. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.