Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2016

Ismael Ramos: «No título tentei resumir o máis importante do poemario»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Ismael Ramos, sobre o seu libro de poemas Os fillos da fame, Premio de Poesía Johán Carballeira 2015. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Crítica de César Lorenzo Gil sobre «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo. A recensión pode lerse nesta ligazón.

Diego Ameixeiras no Sant Jordi 2016

Diego Ameixeiras visita Barcelona para participar en actos académicos e asinar libros no Día de Sant Jordi O escritor galego Diego Ameixeiras visitará Barcelona para participar en varios actos académicos na Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) e na Universitat de Barcelona (UB).

Imaxinación, surrealismo máxico e valores: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica en Brabádegos

Imaxinación, surrealismo máxico e valores: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre a novela Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández.   Máis alá do souto de Sombreu Chegou ao souto Quen dá a quenda? de Héctor Cajaraville con ilustracións de Ignacio Hernández dentro da colección Merlín de Xerais.

Carlos Reigosa: «A volta de Valle Inclán a Galicia é, en moitos sentidos, tamén a volta a unha identidade súa»

Os xornais El Correo Gallego e El Progreso publican unha información de Edith Filgueira sobre o libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento, de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán Alsina e José Monleón Bennácer.

Opinións dalgúns estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre «Masculino singular», de Carlos Negro

O blog As estelas dos ronseis publicou a opinión de tres estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre o poemario Masculino singular, de Carlos Negro.   Masculino singular Comentario de David González Sampayo Este foi o primeiro libro de poesía que lin de Carlos Negro e a verdade gustoume máis do que me esperaba, aínda que sen dúbida ségueme gustando máis a prosa que a poesía.

Novidade: «Catro cascarolos», de Marilar Aleixandre. Cando as lousas cubren o parque

Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre, é unha novidade da colección Sopa de Libros, recomendado a partir de 6 anos en diante. Está ilustrado por Enjamio. Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro.

Ben contado, de moi boa feitura, un libro para todos: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobrea novela Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Carlos Negro: «A miña deconstrución da masculinidade é un proceso íntimo que parte do feminismo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Carlos Negro polo seu poemario Masculino singular. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Varilongo, a memoria do ouro negro que marcou a un pobo

El Correo Gallego publicou unha información de Cris Botrán sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Carlos G. Reigosa: «Os últimos meses da vida de Valle-Inclán son moi importantes para explicar a súa galeguidade»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información sobre a presentación do libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento, de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán Alsina e José Monleón Bennácer.   Carlos G.

Obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016

Esta fin de semana déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016, convocados conxuntamente, por primeira vez, pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia. Xerais está representada por un importante número de obras.   Obras finalistas do Premios Gala do Libro Galego 2016 Ensaio Carlos Maside.