Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2016

A memoria familiar en «O volframio en Varilongo», de Carmen Blanco Ramos. Memorable presentación en Santa Comba

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.

Pura Tejelo, XIX Premio Johán Carballeira de poesía

A escritora coruñesa Pura Tejelo resultou gañadora da XIX edición do Premio Johán Carballeira de poesía, convocado polo Concello de Bueu e que publica Xerais. O xurado reunido na mañá do pasado sábado, estivo composto por Ismael Ramos, gañador da pasada edición, Ledicia Costas e Asun Estévez, que decidiron a concesión do premio por unanimidade ao poemario titulado A elegancia do século.

Manuel Lueiro: «camiño aberto». Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a figura e a obra literaria de  Manuel Lueiro Rey, autor do que Xerais acaba de publicar a súa novela Non debían medrar. A recensión, que tamén reproduce no seu blog, pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Valle Inclán, un autor próximo ao galeguismo: «A morte de Valle Inclán. O último esperpento», de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán e José Monleón

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento, de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán Alsina e José Monleón Bennácer.     «A morte de Valle-Inclán» Presentamos onte en Compostela A morte de Valle-Inclán, o libro de Javier Valle Inclán e Carlos G.

Un libro que acerta co ton: «Manuel María. Vida, versos e rebeldía», de Manuel Veiga e Xosé Lastra

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro Manuel María. Vida, versos e rebeldía, de Manuel Veiga e Xosé Lastra.     Manuel María. Vida, versos e rebeldía Manuel Veiga e Xosé Lastra poñen os textos, mentres que Nuria Díaz as ilustracións, a este libro que publica Xerais para achegar a figura e a poesía de Manuel María aos máis cativos e cativas: Manuel María.

Novela áxil, cercana e atractiva: «A cacería», de Amadeo Cobas. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro  sobre a novela  A cacería, de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro. Un mar que ronca

Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro ilustrado por Xan López Domínguez, é unha novidade de poesía infantil publicada na colección Merlín de Xerais. Poemar o mar é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con “En la cuna del mar” e “Palabras do mar”.

Un magnífico proxecto e uns magníficos resultados: «Follas novas», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. Crítica de Xosé Feixó

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira. A recensión crítico pode lerse ou descargarse neste enlace.

Presentación en Val do Dubra de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O sábado, 23 de abril (DÍA DO LIBRO), ás 21:30 horas, na Casa da Cultura de Bembibre, en Val do Dubra, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Encarna Otero, Cándido Iglesias, Celsa Oreiro e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación na Coruña de “Tártarus” de Antonio Manuel Fraga

O sábado, 23 de abril (DÍA DO LIBRO), ás 19:00 horas, na FNAC, praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Tártarus de Antonio Manuel Fraga. No acto participarán María Xesús Fernánez, Manuel Bragado e Antonio Manuel Fraga. Ao remate o autor lerá un fragmento da novel acompañado do DJ Michal Kamac.

Presentación en Santa Comba de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O venres, 22 de abril, ás 21: 30 horas, na librería Ler, rúa Rosalía de Castro, 32, en Santa Comba, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Pilar Sampedro, Cándido Iglesias e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación en Vigo de “Tempos de bebidas isotónicas e fast-food” de Álex Alonso

O venres, 22 de abril, ás 20:00 horas, no Café Badía, Sanjurjo Badía, 240, Vigo, terá lugar a presentación do libro Tempos de bedidas isotónicas e fast-food de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa curta Ánxel Fole. No acto participarán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e Álex Alonso.