Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2016

Escribir despois da cicloxénese «low cost» da crise: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride.     Caride en Pontevedra Presentamos onte na Feira do Libro de Pontevedra Liquidación de existencias de Ramón Caride.

Un espazo interesante e moi atractivo: «Esmeraldina, a pequena defunta», de Ledicia Costas. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro  sobre  a novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

María Lado é unha das mellores poetas vivas en Galicia: «oso mamá, si». Crítica de César Lorenzo

Céar Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro de poemas oso, mamá, si?, de María Lado.   «Oso, mamá, si’?»: recendo a roupa estendida María Lado é unha poeta cuxa obra non só está nos libros.

Novidade: «Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2016», de Antón Mosteiro

Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2016, de Manuel Antón Mosteiro García é unha novidade de Xerais no ámbito da didáctica e materiais educativos.   Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2016 Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2016 é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2016.

Presentación en Santa Comba de “O volframio en Varilongo” de Carmen Blanco Ramos

O sábado, 16 de abril, ás 18:30 horas, no Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba, terá lugar a presentación do libro O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963) de Carmen Blanco Ramos. No acto, organizado polo Concello de Santa Comba e Xerais, participarán Xesús Alonso Montero, José Antonio Ucha Velo, Manuel Bragado e Carmen Blanco Ramos.

Presentación na Baña de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O venres, 15 de abril, ás 21:30 horas, na Casa da Cultura da Baña, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Ana Páramos, César Ramos, Cándido Iglesias e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación en Redondela de “A cacería” de Amadeo Cobas

O venres, 15 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura da Xunqueira, en Redondela, terá lugar a presentación do libro A cacería de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”. No acto participarán Margarita Fernández Neira, Manuel Bragado e Amadeo Cobas.

Presentación en Vigo de “Os fillos da fame” de Ismael Ramos

O venres, 15 de abril, ás 20.00 horas, na librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación do libro Os fillos da fame de Ismael Ramos, Premio Johán Carballeira de Poesía 2015. No acto participarán Malores Villanueva, Fran Alonso e Ismael Ramos.

Alberto Fortes: «Galicia é un escenario ideal para situar relatos históricos de aventuras, que son novelas moi áxiles, onde pasan moitas cousas»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Alberto Fortes, autor da novela O dobrón de a oito.  A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Álex Alonso: «Quixen que o libro fose coma un caleidoscopio da sociedade actual»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso.   Na Feira do Libro de Pontevedra con Álex Alonso Comezamos onte en Pontevedra a tempada de presentacións nas Feiras do Libro de Galicia, organizadas pola Federación de Libreiros.

Un bo poemario que explora temas e discursos: «Os fillos da fame», de Ismael Ramos. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de poemas Os fillos da fame, de a Ismael Ramos, Premio de Poesía Johán Carballeira 2015. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

En torno a «Non debían medrar», de Manuel Lueiro Rey. Anotación de Ramón Nicolás

En torno a «Non debían medrar», de Manuel Lueiro Rey. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no Caderno da crítica unha anotación en torno ao libro Non debían medrar, de Manuel Lueiro Rey, do que é responsable da edición.