Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2016

Texto de Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, sobre «A Galicia urbana», libro coordinado por Rubén Lois e Daniel Pino Vicente

Reproducimos o texto de Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, lido na presentación do libro A Galicia urbana, coordinado por  Rubén Lois e Daniel Pino, o pasado 5 de abril no Auditorio da Fundación Luís Seoane e na que participaron os dous coordinadores da obra, o músico e escritor Xurxo Souto, o editor Manuel Bragado e o propio alcalde da cidade herculina. Nesta ligazón tamén se pode ler ou descargar o texto en pdf.

Presentación na Coruña de “De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal” de Mercedes Queixas

O mércores, 13 de abril, ás 20:00 horas, en Linda Rama Café e Livros, rúa Porta de Aires, 4, A Coruña, terá lugar a presentación do libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal de Mercedes Queixas Zas. No acto participarán Xabier P. DoCampo, Alberte Sánchez, Manuel Bragado e Mercedes Queixas Zas.

Álex Alonso: «Este libro é froito da indignación»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Álex Alonso, autor do libro Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón. A fotografía do autor é de Javier Cervera-Mercadillo / Diario de Pontevedra.

Un libro con garantías: «Manuel María. Vida, versos e rebeldía», de Manuel Veiga e Xosé Lastra Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no Caderno da crítica unha recensión sobre o libro Manuel María. Vida, versos e rebeldía, de Manuel Veiga e Xosé Lastra.   Manuel María. Vida, versos e rebeldía, de M. Veiga, X. Lastra e N. Díaz Non teño dúbida que, a estas alturas de ano, a anada de publicacións que suscitou a designación de Manuel María para protagonizar o Día das Letras Galegas está deitando resultados espléndidos.

Marcos Calveiro: «Os cativos sempre atopan algo no libro que eu non sabía que estaba aí»

Radiofusión publicou unha entrevista co escritor Marcos Calveiro en torno ao libro Unha casiña branca.   Marcos Calveiro: «Veño falar do lixo» Puntual chegou o escritor Marcos Calveiro ao colexio Centieiras de Fene esta mañá.

Unha novela que atrapa e reflexiona en torno á identidade do heroe: «A cacería», de Amadeo Cobas

Diversos medios, como o Diario de Arousa e El Correo Gallego, publicaron informacións sobre a presentación en Ribeira da novela A cacería, de Amadeo Cobas, publicada na colección Fóra de Xogo, que mereceu o V Premio Internacional de Novela Curta «Cidade Centenaria de Riveira». A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Alberto Fortes: «Os libros sálvannos dos combates diarios»

O escritor Alberto Fortes, autor da novela O dobrón de a oito, foi o encargado de ler o pregón inaugural da Feira do Libro de Pontevedra. Reproducimos a información que recolle o Diario de Pontevedra, que se pode ler ou descargar en pdf.

Novidade: «Non debían medrar», de Manuel Lueiro Rey. Edición conmemorativa do centenario do nacemento do autor

Non debían medrar, de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás, é unha novidade de Xerais Non debían medrar publicouse hai máis de corenta anos. Desde aquela ata esta edición conmemorativa do centenario do nacemento de Lueiro Rey, forma parte deses libros que non perden brillantez, interese nin atractivo malia o paso dos anos.

Manuel Iglesias Turnes: «’Que non te aten’ é moi actual e trata sobre a mocidade que vive no rural; hai un cambio grande no papel das mulleres entre as dúas novelas»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Manuel Iglesias Turnes, autor da novela Que non te aten.   «O rural galego moderno e potente non sae nos medios de comunicación» A creación literaria galega reflectiu a rápida transición, en Galicia, da sociedade rural á urbana.

«O último día de Terranova»: puro Rivas, universo Rivas. Crítica de César Lorenzo Gil

Céar Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas.     «O último día de Terranova», puro Rivas Vicenzo, o libreiro, mastiga o remorso por un aviso que colocou na porta da súa libraría, da súa vida, Terranova. O anuncio do peche que tanto adiou por temor aos fantasmas.

Novidade: «Manuel María: Vida, versos e rebeldía», de Manuel Veiga e Xosé Lastra. Un poeta que non saloucaba cando vía unha estrela!

Manuel María. Vida, versos e rebeldía, de Manuel Veiga e Xosé Lastra, ilustrado por Nuria Díaz, é unha novidade de Xerais en torno ás Letras Galegas 2016. Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un.

Batallas e amores, heroes e viláns a ritmo trepidante: «A cacería», de Amadeo Cobas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A cacería, de Amadeo Cobas.   «A cacería» de Amadeo Cobas Presentamos en Noia A cacería, a novela de Amadeo Cobas, gañadora do premio de novela curta cidade centenaria.