Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Just for men: videopoema de Antía Otero sobre «Masculino singular», de Carlos Negro

«Just for men» é un videopoema realizado por Antía Otero sobre un texto do libro Masculino singular, de Carlos Negro.   Just for men from Antía Otero on Vimeo.   «Cando Carlos Negro me propuxo facer un videopoema partindo do seu último libro, tiven claro que tería que crear un contexto. Un marco que non convertise os seus versos nun pretexto, senón no motor.

Isidro Dubert: «A idea de doma e castración de Galicia é unha elaboración romántica, unha caricatura que agocha unha realidade moito máis complexa»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao historiador Isidro Dubert sobre o libro Historia das historias de Galicia.

A novela «Cara ao leste», de Antía Nara, entre os libros máis recomendados naTabela dos libros, por segundo mes consecutivo

A novela Cara ao leste, de Antía Nara figura entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. En terceiro lugar figura Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Álex Alonso estará hoxe en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, para falar de «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food»

Álex Alonso estará hoxe en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, para falar de «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food»

O escritor Álex Alonso estará hoxe martes 3 de maio, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar do seu libro Tempos de bebidas isotónicas e fast-food.   O escritor Álex Alonso paticipará na xuntanza mensual do club de lectura Sete Vidas O martes, 3 de maio, celébrase a xuntanza mensual do club de lectura Sete vidas.

Sempre é un pracer volver á lectura de Astérix: «O papiro do César». Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O papiro do César, o novo álbum de Astérix.

Carlos Negro: «O meu poemario fala do home que fun, do home que son e do home que non quero ser»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co poeta Carlos Negro polo seu poemario Masculino singular. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Emoción poética: «Poemar o mar» de Antonio García Teijeiro. Anotacións de Ramón Nicolás e Manuel Bragado

Tanto Manuel Bragado, director de Xerais, que publicou unha anotación en Brétemas, como Ramón Nicolás, que fixo o mesmo no Caderno da crítica, fixéronse eco da presentación do libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez. A foto do acto é de Miguel Ángel Alonso.

Isidro Dubert: «A sociedade galega foi tremendamente imaxinativa á hora de inventarse»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Isidro Dubert sobre o libro Historia das historias de Galicia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Europa Express», «Esmeraldina a pequena defunta» e «O papiro do César» levan catro meses nos máis vendidos, aos que se suma «Os fillos da fame»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de abril a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas.

Un mundo singular e inesperado: «A rotura das paisaxes» de Xesús Constela. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela  A rotura das paisaxes, de Xesús Constela.   «A rotura das paisaxes» de Xesús Constela Máis dun cento de persoas participaron onte no Museo de Pontevedra na presentación d´A rotura das paisaxes de Xesús Constela.