Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Léndoa, aprendín cousas da vida e sentinme dentro desa historia: «As horas roubadas», de María Solar. Texto de Alfonso Becerra

O dramaturgo Alfonso Becerra, que participou onte na presentación de As horas roubadas en Vigo, publicou un texto sobre esa novela de María Solar. As horas roubadas AS HORAS ROUBADAS de María Solar ten aparencia de sinxeleza, achegada por unha expresión concisa, medida con equilibrio e precisión, sen recorrer a grandilocuencias nin facer ostentacións literaturizantes.

«Nin a doma e castración, nin os séculos escruos nin o atraso foron tal en Galicia». O debate de «Historia das historias de Galicia»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Marta Veiga sobre o libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Iglesias Turnes: «Non quixera ver o rural galego en mans de multinacionais e non dos gandeiros»

A web Campo galego publicou unha entrevista de David Glez. Eirexas a Manuel Iglesias Turnes, que publcou a súa segunda novela Que non te aten.   «Non quixera ver o rural galego en mans de multinacionais e non dos gandeiros» Entrevista a Manuel Iglesias Turnes, autor de “As rapazas de Xan” e de “Que non te aten”, dúas novelas que retratan o pasado e o presente do rural galego.

Repensar a identidade galega: «Historia das historias de Galicia». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.

Audio do debate literario en Pontevedra Viva Radio entre os escritores Ledicia Costas, Xesús Constela e Alex Alonso

Os escritores Ledicia Costas, Xesús Constela e Alex Alonso mantiveron unha conversa en Pontevedra Viva Radio, dentro do ciclo Conversas na Ferrería, para falar de literatura galega, de libros, de lingua, e debater, en definitiva, o estado das nosas letras.

A investigadora Estrella Cribeiro estuda a escrita e o activismo nas novelas «O club da calceta» e «Pirata», de María Reimóndez

A investigadora Estrella Cribeiro estuda a escrita e o activismo nas novelas O club da calceta e Pirata, de María Reimóndez:  «The introduction to María Reimóndez’s work focuses on the role of feminism and postcolonialism in the context of identity and nation. Her novels often explore issues of gender and social justice as they relate, in particular, to marginal identities». Máis información nesta ligazón.

María Reimóndez: «Os abusos sexuais están moi presentes na sociedade pero moi invisibilizados, tamén na literatura»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con María Reimóndez sobre a súa novela A dúbida, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Carlos Negro: «O feminismo é unha das revolucións pendentes do século XXI»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Martín Losón a Carlos Negro sobre o seu libro de poemas Masculino singular. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

50 profesores e profesoras participarán o sábado no Roteiro Costa do Solpor, seguinto os itinerarios da novela de Xosé María Lema

O vindeiro sábado terá lugar, por segunda vez, o Roteiro Costa do Solpor a partir do libro Costa do Solpor de Xosé María Lema, organizado polo CAFI. Asistirán arredor de 50 profesores, que acuden de diversos puntos de Galicia (Monforte de Lemos, Vigo, Baiona, Santiago de Compostela…) e que, ao longo de todo o día, percorrán os principais espazos nos que se desenvolve a novela.

Presentación en Bertamiráns de “Masculino singular” de Carlos Negro

O martes, 31 de maio, ás 20:30 horas, na Cafetería Ferlós, en Bertamiráns, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro. No acto participarán Valentina Formoso, Federico Pérez e Carlos Negro.

Presentación en Mazaricos de “Os fillos da fame” de Ismael Ramos

O domingo, 29 de maio, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura da Picota, en Mazaricos, o poeta Ismael Ramos fará unha lectura de Os fillos da fame, libro co que gañou o Premio Johán Carballeira de Poesía, 2015.

Unha novela que descobre un dos grandes valores da nosa narrativa contemporánea: «As horas roubadas», de María Solar. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.     María Solar, «As horas roubadas» H.G. Wells ideou a máquina do tempo nos confíns do século XIX, e María Solar púxoa a andar nestes primeiros compases do XXI.