Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Indispensable nas nosas bibliotecas: «Poemar o mar» de Antonio García Teijeiro. Recomendación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez.     Moita poesía Como nas escolas se le moita poesía, achegamos un poemario, recén chegado ás librarías e indispensable nas nosas bibliotecas.

Videocrítica da youtuber Cazadora de Historias sobre «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo

A youtuber CazadoraDeHistorias fixo unha videocrítica sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo.

Presentación en Lalín de “Masculino singular” de Carlos Negro

O venres, 27 de maio, ás 20:30 horas no Museo Ramón Mª Aller de Lalín, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro. No acto, organizado polo Concello de Lalín e Xerais, participarán Lara Rodríguez, Mario Pereira e Carlos Negro.

Manuel Iglesias Turnes: «Ninguén fala do mundo das granxas de leite»

O xornal El Progreso publica unha entrevista de Marta Veiga a Manuel Iglesias Turnes, que presentou a súa novela Que non te aten na Feira do Libro de Lugo. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Solar: «Interesábame moito afondar nas parellas nas que existe o control e a posesión e iso se disfraza de amor absoluto»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Solar sobre a súa novela As horas roubadas.

Booktráiler da novela «O anxo negro», de Manuel Gago

Booktráiler da novela O anxo negro, de Manuel Gago. Trátase dun experimento audiovisual, dirixido por Soledad Felloza: a simulación dun trailer dun filme que non existe, e na súa gravación participaron arredor de 30 actores e actrices profesionais e afeccionados galegos.

«O espello do mundo», a primeira novela de Ramón Nicolás, estará nas librarías o 9 de xuño

«O espello do mundo», a primeira novela de Ramón Nicolás, estará nas librarías o 9 de xuño

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou unha anotación no seu blog dando noticia da publicación da súa primeira novela, O espello do mundo, que estará nas librarías a partir do día 9 de xuño.

Camiño aberto para Lueiro Rey

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Non debían medrar, de  Manuel Lueiro Rey, da que o crítico Ramón Nicolás foi responsable da edición.

Presentación en Santiago de “O anxo negro” de Manuel Gago

O xoves, 26 de maio, ás 20:00 horas, na Igrexa da Compañía, Praza de Mazarelos, s/nº, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro O anxo negro de Manuel Gago. Ao remate servirase un cóctel coa colaboración da adega Viña Costeira, de 2.0 Abastos e Conservas Luis Escurías Batalla.

Presentación en Vigo de “As horas roubadas” de María Solar

O xoves, 26 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 26, de Vigo, terá lugar a presentación do libro As horas roubadas de María Solar. No acto intervirán Afonso Becerra, Fran Alonso e María Solar.

Presentación en Lugo de “Historia das historias de Galicia” edición de Isidro Dubert

O mércores, 25 de maio, ás 20:00 horas, no Círculo das Artes, Praza Maior, 23, de Lugo, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia de Isidro Dubert (edición). No acto, organizado polo Círculo das Artes de Lugo e Xerais, participarán Manuel Gago, F. X. González García, Isidro Dubert e Manuel Bragado.

Construír novos tempos con novas sensibilidades: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.