Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Un deses libros dos que un sae máis sabio e feliz: «Historia das historias de Galicia». Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.

Os valores e o legado literario de Manuel Lueiro Rey. Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación de «Non debían medrar»

Os valores e o legado literario de Manuel Lueiro Rey. Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación de «Non debían medrar»

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a presentación en Pontevedra da novela Non debían medrar, de  Manuel Lueiro Rey, cando se cumpre o centenario do nacemento deste autor cunha exposición, «Camiño aberto», dedicada a súa memoria.

Andrea Maceiras participa no ciclo AUTORAS organizado por Cultura Cambre

O venres, 20 de maio ás 20:00 horas, no espazo de cultura Vila Concepción, O Temple, en Cambre, terá lugar a conversa coa autora Andrea Maceiras dentro do ciclo Autoras. O acto está organizado por Cultura Cambre coa colaboración de Pedro Ramos e A Librería.

«Divertida, exelente e irreverente»: «De remate», de Héctor Cajaraville, presentada por Xerardo Agrafoxo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015.   «De remate» na Romaría das Letras do Barbanza No serán do 17 de maio acompañei a Héctor Cajaraville na presentación da súa novela De rematen a VI Romaría das Letras do Barbanza que organiza a AsociaciónCultural Barbantia no Pazo de Goiáns en Boiro.

Ramón Nicolás: «A recepción da obra de Lueiro non entendeu a súa vocación de testemuño»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co crítico Ramón Nicolás, responsable da edición da novela Non debían medrar e especialista na obra de  Manuel Lueiro Rey, arredor do centenario do nacemento deste autor. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Ramón Caride: «Para min a arte é algo curioso, ou divertido, ou absurdo, pero non me deixa indiferente nunca»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Ramón Caride.   Entrevista a Ramón Caride – Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Ramón Caride: A literatura como actividade é unha parte inseparábel da miña vida. O acto físico de ler ou escribir ocúpame sempre un bo anaco do día.

Andrea Maceiras: «Os adolescentes son un público moi fresco, con moita liberdade e mentes abertas»

El Ideal Gallego publicou unha entrevista de Noelia Díaz a Andrea Maceiras centrada na súa novela Europa Express, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas, María Lado, Antón Cortizas, Antonio G. Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas, premiados na Gala do Libro Galego por libros publicados por Xerais

Manuel Rivas na categoría de Narrativa, pola súa novela O último día de Terranova; María Lado na categoría de Poesía polo seu libro Oso, mamá, si?; Antón Cortizas na categoría de Teatro, pola súa obra Xogando con gatos; e Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas na categoría de Iniciativa Bibliográfica, pola obra Lendo lendas, digo versos; foron os autores e autoras premiados por libros publicados por Xer

A necesidade de coñecer a historia en tempos de crise (do nacionalismo). Artigo de Manuel Veiga a partir do libro «Historia das historias de Galicia»

Biosbardia publicou un artigo de Manuel Veiga que reflexiona a partir do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.   A necesidade de coñecer a historia en tempos de crise (do nacionalismo) Dise, aínda que non estou cento por cento seguro de que sexa certo, que a historia é un dos recursos que temos para orientármonos en tempos de crise.

Francisco Fernández Naval: «Escoitando a miña nai aprendín a contar»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Francisco Fernández Naval.   Entrevista a Francisco X. Fernández Naval Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Francisco X. Fernández Naval: Un xeito de vivir. Non falo dende o punto de vista económico, si vital. Non é só unha paixón, é a vida mesma.

Sinatura de María Solar na librería de “El Corte Inglés” de Santiago

O venres, 20 de maio, a partir das 19:30 horas, a escritora María Solar asinará exemplares do libro As horas roubadas.

Presentación de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes na Feira do Libro de Lugo

O venres, 20 de maio, ás 20:00 horas, dentro do programa da Feira do Libro de Lugo, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. O autor estará acompañado de Manuel Bragado.