Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Novidade: «Horizontes de sucesos», de Anxo Fariña. Un suceso que deixará marcas capaces de variar o rumbo dunha persoa

A novela Horizontes de sucesos, de Anxo Fariña, é unha novidade de Xerais. Tiña dezaoito anos e estaba a piques de comezar o primeiro curso na facultade de Belas Artes cando entrou como bolseiro educador na Escola Fogar do centro de acollida de menores Cidade Infantil Afonso X. Naquel ambiente de aire decadente e escuro, envelenado polo cheiro da fábrica monstruosa, ocorreu o incidente do que aparentemente non houbo testemuñas.

Presentación en Ferrol de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón

O mércores, 18 de maio, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero, praza do Inferniño, en Ferrol, terá lugar a presentación do poemario Atravesar o fantasma de Carlos Callón. No acto, organizado pola A.C. Fuco Buxán, participarán Xurxo Souto, Xosé M. Dobarro e Carlos Callón que tamén debaterán sobre “Vivir en galego” Compromiso coa Lingua. Ao remate haberá unha participación musical de Roger de Flor.

Presentación de “De remate” de Héctor Cajaraville na VI Romaría das Letras do Barbanza

O martes, 17  de maio ás 17:00 horas, no Pazo de Goiáns, en Boiro, terá lugar a presentación da novela De remate de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela, 2016.

Sinatura de Héctor Cajaraville na librería de “El Corte Inglés” de Santiago

O luns, 16 de maio, a partir das 19:30 horas, o escritor Héctor Cajaraville asinará exemplares dos libros De remate (Premio Xerais de Novela, 2015) e Quen dá a quenda? Esta sinatura está organizada por ECI de Santiago  con motivo da celebración das Letras Galegas, 2016

Novidade: «Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica», de Daniel Soutullo. Estilo ameno dirixido a un público amplo.

O libro Historia do ADN, subtitulado 40 anos de revolución biotecnolóxica, de Daniel Soutullo é a primeira novidade da colección Básicos Ciencia de Xerais. Este libro trata sobre os principais acontecementos na historia do ADN, desde o seu descubrimento, no século XIX, até as investigacións máis recentes, nos albores do XXI.

María Lado: «Quería reflectir no poemario o xeito en que che cambia a perspectiva cando tes descendencia»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co poeta María Lado, oso, mamá, si?, de María Lado. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Novidade: «A dúbida», de María Reimóndez. XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

A novela A dúbida, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores.

A incomuniación, a crise e un excelente final: «Raclette», de Santiago Cortegoso Calvar. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre  Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014.   Raclette Santiago Cortegoso Calvar é o autor desta interesante proposta teatral que publica Xerais, Raclette, XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014. O argumento son dúas escenas xustapostas que crean dous ambientes alternos.

Ismael Ramos: «Non creo na literatura como terapia, como desafogo, mais ben todo o contrario: escribir é un traballo, tes que pensar, escribir, revisar, ordear…»

O blog Cicloxenese Expresiva publicou unha entrevista co poeta Ismael Ramos, sobre o seu libro de poemas Os fillos da fame.   Entrevista a Ismael Ramos Nesta ocasión acompáñanos Ismael Ramos, que ven de publicar o libro Os fillos da fame, na editorial Xerais, logo de gañar no ano 2015 o premio Johán Carballeira de poesía. Velaqui o resultado.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto n’Illa de Arousa

O venres, 13 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal d’ Illa de Arousa, terá lugar terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar. Decidiu facer algo elemental: preguntar; e axiña apareceu o océano por todos os curruchos.

A cerna da obra sempre estimulante de Xesús Constela: «A rotura das paisaxes». Recensión na revista Aí

A revista Aí publicou no seu número do mes de maio unha recensión sobre a novela A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«A terra queima», o libro-disco infantil de Lalo Carnota e Xurxo Souto, en formato multidisciplinar

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha información sobre A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.