Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Novidade: «A volta á Galia de Astérix», de René Goscinny e Albert Uderzo, traducido por Xavier Senín e Isabel Soto

O clásico A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo, traducido por Xavier Senín e Isabel Soto. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

«Os fillos da fame», de Ismael Ramos. Anotación de Francisco Fernández Naval

O escritor Francisco Fernández Naval publicou no seu blog unha anotación sobre o libro de poemas Os fillos da fame, de a Ismael Ramos.   Os fillos da fame Pouco sabía de Ismael Ramos ata que me falou del Malores Villanueva. O día que se iniciaba o festival Pontepoética en Pontevedra, ela presentaba en Vigo o libro de Ismael Os fillos da fame, premio Johán Carballeira de poesía do ano 2015, publicado por Xerais.

Carlos Callón recomenda a lectura de «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada

Carlos Callón recomenda en Sermos Galiza a lectura do libro  Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.

Bases do Premio Blanco Amor de Novela Longa 2016

A Deputación de Ourense fixo públicas as BASES do PREMIO BLANCO AMOR de Novela Longa. As bases poden descargarse en pdf nesta ligazón.   BASES DO PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA LONGA Primeira.- Poderán participar nel todos os autores e autoras que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. Segunda.

Presentación en Cambados de “Liquidación de existencias” de Ramón Caride

O venres, 13 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación dos libros Liquidación de existencias e Xeografías do deserto (libro CD) de Ramón Caride. No acto participarán Domingo Tabuyo, María Leyra, Manuel Bragado e o autor e tamén contará coa actuación musical dos participantes no libro CD: Ramón Núñez, Sito Suárez e Sara Caride.

Divertida, retranqueira, terrorífica, disparatada, macabra, gastronómica, pantasmal: «Esmeraldina, a pequena defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre a novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas.     Ledicia Costas. Esmeraldina, a pequena defunta Pois si. Ledicia Costas volveuno a conseguir. E non era doado.

Desde o máis espido dos diálogos ata unha sorte de poesía de carácter narrativo: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela

O Diario de Pontevedra publicou unha información asinada por R. L. sobre a novela A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Solar: «Ao final, o tema da miña novela é o que as familias ocultan»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou á escritora María Solar pola publicación da súa novela As horas roubadas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «O anxo negro», de Manuel Gago. Unha novela trepidante coa que se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega

O anxo negro, de Manuel Gago, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos.

Manuel Rivas: «Ninguén pon esquelas en Internet»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de María Cedrón a Manuel Rivas, que gañou o Premio da Crítica coa súa novela O último día de Terranova. A caricatura da entrevista é de Pinto & Chinto.

Lean vostedes, lean: «A morte de Valle Inclán. O último esperpento», de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán e José Monleón. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín publicou un artigo no Faro de Vigo sobre Valle Inclá no que fala do libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento, de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán Alsina e José Monleón Bennácer. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha reivindicación dos xogos populares: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.