Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Carlos G. Reigosa: ««Escribir ten algo de escravitude e os lectores son como liberadores»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Manuel de Días a Carlos G. Reigosa sobre a A vinganza do defunto. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Humor, ironía e parodia para denunciar a actualidade: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro  Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Booktráiler da novela «As horas roubadas», de María Solar

Reproducimos o booktráiler da novela As horas roubadas, de María Solar.   A morte dun ancián cunha mensaxe na súa man, «Dime que me queres», destapa unha pasional historia de amor que nunca terminou. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes de aprobarse a lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello secreto e pola necesidade de cambiar as súas vidas.

Xesús Constela: «Se estás sempre pensando na súa saída comercial, a literatura non evolucionaría nada»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Xesús Constela sobre a novela A rotura das paisaxes. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Vento nas velas para este libro: «Poemar o mar» de Antonio García Teijeiro. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez.

Unha utopía bela e necesaria para arredarnos do medo: «O segredo da Illa Negra», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión crítica de Celia Pereira Porto sobre O segredo da Illa Negra, de Agustín Fernández Paz.   Un mapa da utopía “As cousas do mar non se contan na terra”, repite e canta o Xurxo Souto como un eficiente e rigoroso notario mariño.

Novidade: «Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista», un ensaio de Xavier Seoane

O ensaio Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista, de Xavier Seoane, é unha novidade de Xerais.

Manuel Gago: «O fondo da escrita é irracional. É un acto de vontade inspirado por sentimentos»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Mariña Pérez Rei a Manuel Gago, que acaba de publicar a novela O anxo negro. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “As horas roubadas” de María Solar

O xoves, 12 de maio, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, de Santiago, terá lugar a presentación da novela As horas roubadas de María Solar. No acto participarán Malores Villanueva, Manuel Bragado e María Solar. Ao remate haberá unha sorpresa musical de DE VACAS.

Arredor do concepto de novela. Moi recomendable a mentes activas: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Crítica de X. M. Eyré

Arredor do concepto de novela. Moi recomendable a mentes activas: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela A rotura das paisaxes, de Xesús Constela.   Arredor do concepto de novela A día de hoxe, o cocepto de novela foi tantas veces contestado que case parece un atrevemento facelo de novo outra vez.

«Quen dá a quenda?», o debut de Héctor Cajaraville na literatura infantil

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación o libro Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández.

Novidade: «As horas roubadas», de María Solar. Unha novela que demostra que non hai idade para o amor

A novela As horas roubadas, de María Solar, é unha novidade de Xerais. A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas.