Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Poñer en dúbida o mito do atraso: «Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea», de Diego Conde Gómez

A revista Tempos Novos publicou unha recensión de Gustavo Hervella sobre o libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea, de Diego Conde Gómez.

Un escritor que sabe o que ten entre mans: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro  Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Conferencia de Manuel Veiga Taboada sobre Manuel María (Letras Galegas 2016)

O luns, 9 de maio, ás 20:30 horas, na Biblioteca de Caldas, paseo Román López, 9, o xornalista Manuel Veiga Taboada, autor de Manuel María. Vida, versos e rebeldía e Manuel María, buscando un país dará unha conferencia sobre Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016.

Teaser de Mario Iglesias sobre «A rotura das paisaxes» de Xesús Constela

Reproducimos o teaser de Mario Iglesias sobre A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. A locución é de Ruth Sabucedo.

«Este libro deixou unha gran pegada en min»: Novas opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre «Masculino singular», de Carlos Negro

O blog As estelas dos ronseis publicou novas opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre o poemario Masculino singular, de Carlos Negro.     Masculino singular Comentario de Francisco Rodríguez Este é por desgraza, só o cuarto libro que leo deste magnífico autor, e digo só porque a cada libro que leo increméntanse as miñas as gañas de ler outra marabillosa creación de Carlos Negro.

O dilema que leva á procura de novos territorios: «Cara ao leste» de Antía Nara

O Diario de Pontevedra publicou unha recensión asinada por R. L. sobre a novela Cara ao leste de Antía Nara. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Adrián Boquete presenta «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Anotación da Profa

A profa publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación da novela infantil Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández, asi como da novela De remate, Premio Xerais de Novela 2015.

X. Ricardo Losada: «Faustino Rey Romero era unha persona fundamentalmente humana, nada sectaria, antifranquista declarado»

O xornal El correo Gallego fíxose eco da presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de Xosé Ricardo Losada, que tivo lugar o 29 de abril no Auditorio Municipal de Padrón. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ismael Ramos: «A través do corpo coñecemos e experimentamos o mundo»

Insula europea publicou unha entrevista de Marco Paone en italiano a Ismael Ramos, sobre o seu libro de poemas Os fillos da fame. A entrevista pode lerse en galego ou en italiano.

Mercedes Queixas: «A historia literaria galega é un proceso vivo»

Mercedes Queixas: «A historia literaria galega é un proceso vivo»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación o libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, de Mercedes Queixas, subtitulado «Breve historia da literatura galega».

Retrato sociolóxico de Galicia, xogos lingüísticos intelixentes, humor e ironía: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de María Costa

A web Letra en Obras publicou unha recensión crítica de María Costa sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.

23 testemuños sobre o volframio: «O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963)», de Carmen Blanco Ramos

O blog Palabras da man ao corazón publicou unha anotación sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.     Letters in Books: O wolframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963) Hai unha semana, presentouse o libro O volframio en Varilongo.