Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2016

Grazas, Ledicia Costas: a opinón dun estudante sobre «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas

O blog As estelas dos ronseis publicou a opinión do estudante Xosé Manuel Fernández, do IES Laxeiro de Lalín, sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.   Un animal chamado néboa Un animal chamado néboa” a obra escrita por Ledicia Costas en un libro baseado en numerosos acontecementos que ocorreron durante o conflicto bélico, a 2ª Guerra Mundial.

Agustín, o noso mestre. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Faro de Vigo un artigo, que reproduce no seu blog, sobre Agustín Fernández Paz.   Agustín, o noso mestre Non é doado superar a desolación provocada polo pasamento de Agustín Fernández Paz o pasado 12 de xullo. A ondada de solidariedade recibida na súa despedida no Tanatorio de Pereiró e nas redes sociais será tan inesquecible como sempre emocionante.

Actos de Xerais no Festigal 2016

O luns, 25 de xullo, na Galería das Letras e das Ideas, no Campus Universitario Sur, en Santiago de Compostela, terá lugar unha nova edición do Festigal no que Xerais organiza os actos seguintes: A partir das 18:00 horas: Sinatura de Manuel Rivas A partir das 19:00 horas: Sinatura de Manuel Iglesias Turnes Ás 20:00 horas: Presenstación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, de Ledicia Costas.

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Do 21 ao 24 de xullo, no Xardín Municipal de Carballo, terá lugar unha nova edición de Praza dos Libros, feira da creatividade cultural e na que terán lugar os actos seguintes: O sábado, 23 de xullo, ás 18:30 horas, concerto e animación infantil con Servando Barreiro a partir do libro-disco A música das árbores e ás 19:30 horas sinatura do poemario oso, mamá, si? de María Lado.

Luís Rei Núñez: «Intento presentar un Castelao entre o ben e o mal, como todos circulamos pola vida»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de Susana Regueira ao escritor Luís Rei Núñez, que acaba de publicar a novela O encargo do señor Castelao. (Foto de Alba Sotelo). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha historia ben trazada e ben escrita: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.

Novidade: «O cociñeiro Martiño», de Iago López e Macus Romero. Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida!

O cociñeiro Martiño, de Iago López e Macus Romero é unha novidade en álbum ilustrado para este verán. No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.

Unha novela que intenta responder as preguntas de Thomas Münch en Auschwitz: «O amor nos escuros días de Birkenau», de Alberto Canal

O xornal El Ideal Gallego publicou unha información sobre a novela O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal.   A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Retranca, humor, parodia e caricatura en relatos que se devoran: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro de relatos Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.     Tempos de bebidas isotónicas e fast-food «Como en case todos os libros de relatos, hai algúns que están moi ben e outros que non o están tanto, uns que encantan e outros que pasan sen pena nin gloria.

Crítica de «The Low Voices» (As voces baixas), de Manuel Rivas en The Irish Times

Recensión crítica de Eileen Battersby sobre The Low Voices (As voces baixas), de Manuel Rivas, traducido por Jonathan Dunne, en The Irish Times. (The Low Voices, Publisher: Harvill Secker).

Unha historia apaixonante: «O anxo negro» de Manuel Gago. Opinión dos lectores/as en Facebook

Unha lectora, Esther Trasorras, e un lector, Antonio Bernardez Sobreira, publicaron en Facebook a súa opinión sobre a novela O anxo negro de Manuel Gago. Reproducimos ambas as dúas opinións:   Esther Trasorras, sobre «O anxo negro» Veño de rematar un dos mellores e máis diferentes libros q lin en lingua galega desde fai moito: O Anxo Negro.

Diego Giráldez: «O libro ten moito de reflexión social, de carraxe contida por ver como, interesadamente, nos están levando á deriva»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Diego Giráldez, autor de Galería de saldos.   «O libro ten moito de carraxe contida por ver como, interesadamente, nos están levando á deriva» O desemprego. A desigualdade. A marxinación. A morte. A perda. Mais tamén a vida. A esperanza. O erguerse cada mañá, malia todo.