Publicado o 18 Xullo, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Ramón Nicolás sobre a súa novela O espello do mundo.
«As mulleres foron varridas da historia da Idade Media»
—Tendo en conta que unha das túas facetas máis coñecidas é a de crítico literario, estrearte como novelista é cáseque unha ousadía.
Ler máis →
Publicado o 18 Xullo, 2016 nas categorías Monografías, Reportaxes, Televisión
A Revista Fin de Semana editou unha reportaxe, durante a que se entrevista diversos membros do INCIP como á arqueóloga Elena Cabrejas ou o arqueólogo Carlos Otero.
A reportaxe pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 18 Xullo, 2016 nas categorías Infantil, Novidades, Sopa de Libros
Bala perdida, de Manuel Rivas, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais.
Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas.
Ler máis →
Publicado o 18 Xullo, 2016 nas categorías Sin categoría
A Revista Fin de Semana editou unha entrevista de María Solar a Marilar Aleixandre con motivo da súa entrada na Real Academia Galega.
A entrevista pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 18 Xullo, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 22 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán, n’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación da novela O anxo negro de Manuel Gago.
No acto, organizado pola Biblioteca d’A Pobra do Caramiñal, participarán José Carlos Vidal Suárez, bibliotecario d’A Pobra, Manuel Bragado, director de Xerais e Manuel Gago, autor.
Ler máis →
Publicado o 18 Xullo, 2016 nas categorías Milmanda, Presentacións
O xoves, 21 de xullo, ás 21:00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, en Bueu, terá lugar a presentación da novela As horas roubadas de María Solar.
No acto, organizado pola librería Miranda coa colaboración do Concello de Bueu, participarán María Solar e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Reportaxes, Televisión
O escritor Manuel Gago foi entrevistado por no programa ZigZag-Eirado (minuto 13:10) nunha reportaxe sobre a súa novela O anxo negro.
A entrevista pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Luís Rei Núñez, que acaba de publicar a novela O encargo do señor Castelao. (Foto de Alba Sotelo).
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Horizontes de sucesos, de Anxo Fariña.
Horizonte de sucesos
(Debido á miña última incapacidade lectora, acudo a axudantas para que me boten unha man. Grazas a Cristina Costela, de 4º de ESO, pola súa lectura deste libro de Anxo Fariña publicado por Xerais: Horizonte de sucesos.)
Impactante. Así é como definiría este libro.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2016 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
Ramón Rozas publicou no suplemento Táboa redonda do Diario de Pontevedra unha recensión crítica da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2016.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2016 nas categorías Infantil, Novidades
Cámbiache o conto, de Pinto & Chinto, é unha novidade de literatura infantil de Xerais.
Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.
Ler máis →
Publicado o 14 Xullo, 2016 nas categorías Narrativa, Novidades
O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez é unha novidade de Xerais Narrativa.
Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre.
Ler máis →