Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2016

Sabia, moi dotada, equilibrada e luminosa: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de Antonio Piñeiro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre a novela sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   O espello do mundo, de Ramón Nicolás Ramón Nicolás, autor da man do que nos temos achegado tanto e tan ben ao coñecemento da literatura galega contemporánea, pon un pé, c’O espello do mundo, nesa outra beira da escrita: a da práctica narrativa.

A despedida de Agustín Fernández Paz

Onte celebrouse no cemiterio vigués de Pereiró o acto cívico de despedida do escritor Agustín Fernández Paz. Foi un acto multitudinario, unha despedida emotiva marcada polos prolongados aplausos das persoas asistentes. A cerimonia estivo conducida polo director de Xerais, Manuel Bragado, quen, como se recolle en La Voz de Galicia, «deu paso a Ledicia Costas, quen leu un anaco dun texto de Agustín Fernández Paz.

Na memoria de Agustín Fernández Paz (homenaxes desde a palabra)

Desde o momento en que se deu a coñecer o falecemento de Agustín Fernández Paz, as mostras de solidariedade, cariño e lembranza foron constantes. Á marxe das numerosísimas noticias sobre o seu falecemento, reproducimos aquí algunhas das homenaxes máis significativas. Tamén hai numerosas anotacións de lembranza da sús figura en diversos blogs das bibliotecas escolares.   Especial DC: Agustín Fernández Paz.

Faleceu Agustín Fernández Paz

  Actualización: 13:30h. Hoxe, a partir das 17 horas estará na sala número 9 do Tanatorio de Pereiró, así como mañá a partir das 10:00 horas. Ás 19 horas de mañá mércores terá lugar un acto na súa memoria no Salón do Tanatorio.

Presentación en Caión de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas, no Arquivo da Pesca de Caión, praza Eduardo Vila Fano, s/nº, en Caión, terá lugar a presentación musical do libro  Contos do mar de Irlanda  de Xurxo Souto, e sesión popular de cantareas caionesas. No acto participará, alén do autor, o director do Arquivo da Pesca de Caión, Marcos Amado Casdelo.

Presentación en Pontevedra de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez

O xoves, 14 de xullo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto, organizado polo Museo de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Xosé Enrique Acuña, Ana Acuña, Xaime Toxo, Manuel Bragado e Luís Rei Núñez.

Booktráiler da novela «O amor nos escuros días de Birkenau», de Alberto Canal

Booktráiler da novela O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal.

Intriga nunha lectura entretida sobre abuso de menores: «A dúbida», de María Reimóndez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

María Solar: «Rosa confundiu a posesión e o control co amor, e iso nos anos 70 era moi frecuente»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista escritora María Solar sobre a novela As horas roubadas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Carlos Casares, letras galegas 2017

O escritor Carlos Casares (Ourense 1941-Nigrán 202) foi elixido o pasado sábado no plenario da Real Academia Galega como autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017.

Alberto Canal: «En Birkenau había persoas que buscaban nas relacións sentimentais un motivo para sobrevivir»

O xornal La Región publicou unha entrevista de Sonia Torre a Alberto Canal pola súa nova novela, O amor nos escuros días de Birkenau, unha novidade de Xerais Narrativa para este verán. A entrevista pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

As receitas dos teus cócteles favoritos: «O libro dos cócteles», de David Ortiz Borrás. Reportaxe na revista Hum!

A revista Hum! publicou unha reportaxe sobre O libro dos cócteles, de David Ortiz Borrás. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.