Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2016

Isidro Dubert García: «Do que se trata é de cuestionar todos os elementos sobre os que se asenta o relato histórico dos 300 anos de escuridade»

O historiador Isidro Dubert pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta foi entrevistada por Tino Santiago no programa ZigZag-Eirado (minuto 01:30). A entrevista pode verse nesta ligazón.

Novidade: «O país da brétema», de Suso de Toro. Unha viaxe pola cultura celta; o embruxo que atrae

O país da brétema, unha viaxe pola cultura celta, de Suso de Toro, é unha novidade de LibrosX. Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental.

Unha novela de intriga na fronteira da terra de ninguén: «Horizonte de sucesos», de Anxo Fariña

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Horizontes de sucesos, de Anxo Fariña.   «Horizonte de sucesos» de Anxo Fariña na Feira de Vigo Completamos no serán de onte as presentacións de Xerais desta exitosa edición da Feira do Libro na Porta do Sol coa de Horizonte de sucesos, a novela de Anxo Fariña.

A dor que se agacha baixo o humor: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.

Homenaxe implícita á loita das mulleres pola emancipación: «As horas roubadas», de María Solar. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.

Premios Xerais 2016. Resumo en vídeo

Aposta interartística: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O amor nos escuros días de Birkenau», de Alberto Canal. É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie do nazismo?

O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal, é unha novidade de Narrativa de Xerais para este verán.

Unha novela veraz, con intriga e desacougo: «Horizontes de sucesos», de Anxo Fariña. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Horizontes de sucesos, de Anxo Fariña. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Magnífica novela de aventuras: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela  Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O libro dos cócteles», de David Ortiz Borrás. As combinacións, as técnicas e os trucos máis saborosos e refrescantes

O libro dos cócteles, de David Ortiz Borrás, é unha novidade da colección LibrosX. A cultura do cóctel susténtase en catro piares fundamentais: primeiro, o labor dos bares que basean nos cócteles o seu modus vivendi; segundo, o labor que se fai na hostalaría non especializada; terceiro, a valoración e a importancia que as marcas de destilados, mixers, etc.

Un libro con sabor a tango, a melancolía rabuda: «Galería de saldos» de Diego Giráldez

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Galería de saldos, de Diego Giráldez.    «Galería de saldos» de Diego Giráldez, presentación en Vigo Outro serán excelente o de onte na Feira do Libro de Vigo instalada na Porta do Sol. A escritora Ledicia Costas asinou durante máis dunha hora nunha sesión de alicientes extraordinaria.