Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2016

Hábitat da liberdade: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Artigo de Antón Patiño

O pintor e poeta Antón Patiño publicou na revista Tempos novos un longo artigo sobre a novela  O último día de Terranova, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Poesía infantil sorprendente e visualmente arrebatadora: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     Sorprendente e irreverente  Non é de estrañar o posto cimeiro, e penso tamén no ámbito peninsular, que Fran Alonso ocupa no eido da sempre difícil poesía infantil.

Premios Xerais 2016. Entrevistas en vídeo: Diego Giráldez, escritor

Ramón Nicolás recrea un Medievo luminoso en «O espello do mundo»

La Voz de Galicia publicou unha información de X. F. sobre a presentación en Vigo da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás (Foto de Xoán Carlos Gil).

Manuel Gago, autor da novela «O anxo negro»

Manuel Gago, autor da novela «O anxo negro»

O blog Café Barbantia publicou un artigo de Pastor Rodríguez que traza un perfil sobre Manuel Gago, autor da novela O anxo negro.   Comunicación e patrimonio Nacido en Palmeira en 1976, xa na súa mocidade amosou interese pola poesía e a narrativa, para dedicarse logo a temas de comunicación.

«Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, chegará aos 100.000 exemplares cunha edición especial

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha reportaxe de Jaureguizar sobre a próxima chegada da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, aos 100.000 exemplares vendidos, motivo co que Xerais realizará unha edición especial. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

La Voz de Galicia recomenda lecturas para o verán: «Axente riciños», «Poemas birollos para ler cos ollos» e «Europa Express»

O xornal La Voz de Galicia recomenda, nunha reportaxe de Ana Abelenda titulada Un verán ao sol dos mellores libros, tres libros de literatura infantil e xuvenil de Xerais entre as lecturas estivais: o álbum ilustrado Axente riciños, de El Hematocrítico; o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso; e a novela Europa Express, de Andrea Maceiras.   Axente Riciños El Hematocrítico.

Unha boa historia: «As horas roubadas», de María Solar. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela As horas roubadas, de María Solar.   A importancia dos detalles Manel Loureiro presentou onte As horas roubadas de María Solar na Libraría Paz de Pontevedra.

Un libro esclarecedor: «A morte de Valle-Inclán. O último esperpento». Crítica de Emilio Xosé Ínsua

Emilio Xosé Ínsua publicou no seu blog unha anotación sobre A morte de Valle-Inclán. O último esperpento, de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán Alsina e José Monleón Bennácer.   A MORTE DE VALLE INCLÁN. O ÚLTIMO ESPERPENTO, de Carlos G. Reigosa, Javier del Valle Inclán e José Monleón Tres ensaios de diversa fasquía compoñen este interesante volume sobre a figura do xenial Valle Inclán editado por Xerais.

Arqueoloxía, etnografía, cultura, economía, historia: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira. Crítica de Emilio Xosé Ínsua

Emilio Xosé Ínsua publica no seu blog unha anotación sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.   O MIÑO. UN CAUDAL DE HISTORIA, de Anselmo López Carreira Edicións Xerais ofrece na súa colección Libro X este ameno ensaio do historiador e recoñecido medievalista Anselmo López Carreira, vigués de nacemento (1951) e ourensán de infancia.

Premios Xerais 2016. Entrevistas en vídeo: María Solar, escritora