Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2016

O deleite dos escritores: «O libro dos cócteles», de David Ortiz Borrás. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre O libro dos cócteles, de David Ortiz Borrás. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela entretida chega de intrigas: «As horas roubadas», de María Solar. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela  As horas roubadas, de María Solar. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha gran novela: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Texto de María Canosa

Publicamos o texto da escritora María Canosa lido na presentación na Coruña da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.    «O espello do mundo», de Ramón Nicolás Moi bo serán a todos. É un auténtico pracer estar aquí hoxe, na presentación dunha novela moi especial.

Boa literatura con carga de profundidade: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez.     Arte na literatura Non é baratería esta Galería de saldos de Diego Giráldez. Ningún autor ía desmerecer de tal maneira a  súa propia obra, mais esteimamos que debemos comezar por aclara a posíbel confusión a que poida levar semellante título.

Alberto Canal: «Cómpre seguir lembrando o nazismo debido ao auxe do filonazismo na Europa actual»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Alberto Canal sobre a súa novela O amor nos escuros días de Birkenau.   «Cómpre seguir lembrando o nazismo debido ao auxe do filonazismo na Europa actual» “Claro que é posible, Thomas. En Birkenau o amor tamén é posible. Non penses máis no que che dixo Roman e déixate levar polo momento.

A maxia da estirpe feminina: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015.

Un valor literario indiscutible: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   Recensión: Ramón Nicolás, «O espello do mundo» Tras moitos anos traballando na sombra no noso sistema literario galego, Ramón Nicolás toma a decisión de traspasar esa zona de relativo “confort” e gañarse un oco entre os moitos autores que cativárono coas súas historias.

Unha historia de amor tan real como a vida mesma: «As horas roubadas», de María Solar. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.   Recensión: María Solar, «As horas roubadas» Xa sinalaba o político e escritor inglés Lord Chesterfield, “Coida os minutos, xa que as horas coidarán xa delas mesmas”.

Narrativa curta interesante e innovadora: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Mario Regueira

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre o libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez.

A escritora María Xosé Queizán foi homenaxeada no III Día das Galegas nas Letras

A escritora María Xosé Queizán foi homenaxeada o pasado 15 de agosto ao dedicarlle este ano o III Día das Galegas nas Letras, un evento que organiza a plataforma de crítica literaria A Sega.

Un espazo para a esperanza durante o Holocausto: «O amor nos escuros días de Birkenau» de Alberto Canal. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal.

Unha estrea novelística fascinante: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de Henrique Dacosta

O profesor e escritor Henrique Dacosta publicou no Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   Ramón Nicolás: novelista con oficio O regreso de Ramón Nicolás á ficción había de ser só cuestión de tempo. Salvo erro, cremos recordar que se estreou con “Ricardo G.