Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2016

O potencial emancipador do pasado: «Exhumación» de Marcos Abalde. Anotación en Brétemas

O potencial emancipador do pasado: «Exhumación» de Marcos Abalde. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre  presentación do poemario Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía.

Novos modelos nas relacións de xénero: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de Miro Villar en Grial

O escritor Miro Villar reproduciu no seu blog  unha recensión crítica que publicou na revista Grial sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.

A importancia da imaxinación: «O rato avó e o muraño», de Oli. Crítica de Verónica Pousada

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Verónica Pousada Pardo sobre o libro infantil O rato avó e o muraño, de Oli, ilustrado por Ramón Trigo. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas: «Atráeme o naufraxio na vida»

A  web Coruña Daily News publicou unha entrevista de Iago Fandiño a Manuel Rivas.   Manuel Rivas: «Atráeme o naufraxio na vida» A súa é unha voz de voces: a da nostalxia dos estorniños que deixaron de voar sobre A Coruña, a do sorriso melancólico dos náufragos da vida, a da ironía do rexurdir no día a día a carón da liberdade.

Un universo feminino pouco tratado: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Iria Misa: «Cando escribes para adolescentes hai que ter claro que non podes adoutrinalos»

O xornal El Correo Gallego publicou unha entrevista de Isabel Blanco a Iria Misa, autora de Xa non estou aquí, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.   En outubro chegará ás librarías ‘Xa non estou aquí’, a novela gañadora do premio Jules Verne de literatura xuvenil que cada ano entrega a editorial Xerais.

Unha novela que me conmoveu: «As horas roubadas», de María Solar. Artigo de Marta Dacosta

A escritora Marta Dacosta publicou en Valmiñor.info un artigo sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.   «As horas roubadas». Retrato das mulleres na Transición Rematei xullo lendo “As horas roubadas” de María Solar e sentín a necesidade de escribir estas liñas sobre unha novela que me conmoveu pola súa capacidade para retratar situacións dolorosamente reais.

Cando os contos non son o que parecen: «Cámbiache o conto», de Pinto & Chinto. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro infantil Cámbiache o conto, de Pinto & Chinto.

Constelación de vidas; dinamita contra a autocompracencia: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Marabillosa aventura: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015.

O home novo, a exame: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.   DIVERXENTE. O HOME NOVO A EXAME Interesa o punto de diverxencia. O punto exacto en que se deixa de ser unha cousa para ser outra.

Intriga psicolóxica e viaxe: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Crítica de Mar Fernández

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.