Publicado o 30 Setembro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 7 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016.
No acto participarán, Marta Gómez González, Manuel Bragado e Manuel Esteban.
Ler máis →
Publicado o 30 Setembro, 2016 nas categorías Críticas, Ensaio, Feminismo
Lara Rozados publicou en A Sega unha recensión crítica sobre o ensaio Anti Natura de María Xosé Queizán.
Do «natural» e o «ideolóxico»
Neste ensaio (Anti natura, Xerais, 2008), María Xosé Queizán dálles unha volta ás ideas asumidas como lexítimas nas que se asenta o patriarcado.
Ler máis →
Publicado o 30 Setembro, 2016 nas categorías Presentacións, Sopa de Libros
O venres, 7 de outubro, ás 18:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa da Concordia, 8, Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso.
O espectáculo infantil estará a cargo de Fran Alonso e Xela Alonso.
Ler máis →
Publicado o 30 Setembro, 2016 nas categorías Fóra_de_colección, Presentacións
O xoves, 6 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación dos libros de Manuel Lueiro Rey Non debían medrar, editado por Xerais, e Novas crónicas dunha transición intransixente, editado por Laiovento, en edición de Ramón Nicolás.
No acto participarán Pepe Carreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2016 nas categorías Álbums, Críticas, Infantil
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre o álbum Axente riciños, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez.
A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2016 nas categorías Álbums, Infantil, Música, Novidades, Poesía
Cousas de papá, é un libro de poesía infantil de Raúl Gómez Pato cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro nun CD que inclúe o libro e ilustrado por Blanca Barrio.
Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2016 nas categorías Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Narrativa, Noticias, Premios, Xuvenil
Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville; Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas, e As horas roubadas, de María Solar son os libros de Xerais elixidos finalistas en tres categorías da XIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento.
Finalistas de Xerais da décimo terceira edición
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
CAJARAVILLE, HÉCTOR; Quen dá a quenda; Ed.
Ler máis →
Publicado o 28 Setembro, 2016 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.
Onte 1752
Xuntámonos no espazo agarimoso da Libraría Cartabón para presentar O espello do mundo de Ramón Nicolás e celebrar que fose reeditada dous meses despois da súa aparición.
Ler máis →
Publicado o 28 Setembro, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López a ao escritor Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño.
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2016 nas categorías BLG, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín.
Presentación de «Non hai outro camiño» de Isaac Xubín
Magnífica presentación a do serán de onte en Pontevedra de Non hai outro camiño de Isaac Xubín.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 5 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras, 12, A Coruña, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez.
No acto participarán Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Manuel Bragado, director de Xerais, e Luís Rei Núñez, autor.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento de El Correo Gallego publicou este domingo un artigo de José Miguel Giráldez sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.
O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →