Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2016

Manuel Lourenzo: «Dedicarse ao teatro significa aceptar as consecuencias»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Manuel Lourenzo sobre Nunca paraíso (Teatro breve 1973-2015).   Manuel Lourenzo: «Dedicarse ao teatro significa aceptar as consecuencias» Expor os comportamentos humanos, á vista de todos, quitando a máscara.

Isaac Xubín: «A cidade da miña novela está configurada polas circunstancias que rodean ás personaxes, como a opresión e a escuridade»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor escritor  Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Jaureguizar: «O amor non ten nada de revolución, é conservador». Reportaxe de María L. Viñas

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publican unha reportaxe de María L. Viñas sobre a novela Placebo de Jaureguizar.

Novela negra contra os tópicos e convencionalismos: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Premio Xerais de Novela 2016. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela 2016.

Paco Martín: «Os paraugas din moito da xente, sobre todo se non chove»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Jaureguizar ao escritor Paco Martín sobre o seu libro de relatos De paraguas. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Bala Perdida” de Manuel Rivas

O sábado, 29 de outubro, ás 19:00 horas, na Fnac, Mercado Eusebio da Garda, Praza de Lugo, s/nº, da Coruña, terá lugar a presentación do libro Bala Perdida de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Presentación en Pontevedra de “Esmeraldina, a pequena defunta” de Ledicia Costas

O sábado, 29 de outubro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, de Pontevedra, terá lugar un encontro coa escritora Ledicia Costas e o ilustrador  Víctor Rivas  arredor do libro Esmeraldina, a pequena defunta.

Presentación en Marín de “O anxo negro” de Manuel Gago

O venres, 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Museo Manuel Torres, avda de Ourense, 1, en Marín, terá lugar a presentación da novela O anxo negro de Manuel Gago. O acto está organizado en colaboración coa Asociación Cultural Almuinha.

Presentación en Monforte de “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga Taboada

O venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio, 6, de Monforte de Lemos, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada. No acto, organizado en colaboración co Centro do Viño da Ribeira Sacra, participarán César Lorenzo, Manuel Bragado e Manuel Veiga.

Retrato dun tempo e dun país: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez en Galicia Confidencial

Galicia Confidencial publicou unha información sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez.   «O encargo do señor Castelao», unha novela que recrea episodios reais e debuxa unha personalidade con “luces e sombras Luís Rei busca «facer un retrato dun tempo e dun país» con base no «encargo» de Castelao a un comunista de vingar o asasinato de Bóveda Un híbrido da ficción pura coa realidade.

Presentación en Vigo de “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga Taboada

O xoves, 27 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada. No acto participarán Antonio García Teijeiro, Manuel Bragado e Manuel Veiga Taboada.

Presentación en Pontevedra de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O xoves, 27 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán Ana Acuña, Montse Fajardo, Fran Alonso e Ramón Nicolás.