Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2016

Roda de Prensa presentación na RAG do Tomo III da “Historia da Literatura Galega” de Xosé Ramón Pena

O martes, 8 de novembro, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11, A Coruña, terá lugar unha roda de prensa-presentación do libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936 de Xosé Ramón Pena. No acto participarán Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Manuel Bragado, director de Xerais e Xosé Ramón Pena, autor da obra.

Manuel Esteban: «Precisaba construír un personaxe cínico e descrido para poder realizar a súa viaxe emocional». Entrevista no Zigzag

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Manuel Esteban, sobre a novela A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Booktráiler de «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016

Reproducimos este fermoso booktráiler da novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, ilustrado por Marcos Viso,  Premio Merlín de Literatura Infantil 2016.

Estímulos para os ollos: a compoñente lúdica do poético: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica na web da OEPLI

A web da OEPLI publicou unha recensión de Antía Marante sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso Poesía para niñas y niños de la mano de Fran Alonso, escritor gallego comprometido con el  acercamiento de este género al lectorado infantil y juvenil.

Manuel Veiga: «Os olores do río están sempre na miña cabeza». Unha novela onde triunfa o risco: «Todo ser humano é un río»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada.      Manuel Veiga en Monforte Presentamos onte no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada.

Novidade: «Abecedario ilustrado», de Carles Cano, 27 ilustradores para un álbum fermoso

Abecedario ilustrado, de Carles Cano é un novo álbum ilustrado de Xerais. 27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado.Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e asequible para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra, escrito en maiúsculas e letra ligada.

O Samaín e o fenómeno «Escarlatina» de Ledicia Costas. Anotación en Biosbardia

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha anotación sobre as novelas  Escarlatina, a cociñeira defunta e  Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas.   Samaín 2016, a festa da Escarlatina Ledicia Costas pasou a festa dos Defuntos no Barco de Valdeorras. Era a principal convidada dunha xornada que explica moi ben que sucedeu este ano coa festa do Samaín/Halloween en Galicia.

Presentación en Santiago de “O espello do mundo” de ´Ramón Nicolás

O luns, 7 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, en Santiago, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán Marilar Aleixandre, Chus Nogueira, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Manuel Veiga: «A miña novela é de xornalismo poético porque inclúe crónica e experiencia que permiten profundizar nas cousas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Manuel Veiga Taboada sobre a súa última novela Todo ser humano é un río. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

De que están feitos os tesouros: dor, sufrimento e escravitude: «Bala perdida», de Manuel Rivas. Anotación en Brétemas

De que están feitos os tesouros: dor, sufrimento e escravitude: «Bala perdida», de Manuel Rivas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela infantil Bala perdida, de Manuel Rivas.     Samaín dos libros A presentación da nova edición de Bala Perdida, a primeira novela de Manuel Rivas para público novo, coincidiu co Samaín dos Libros no que a editorial participou onte na FNAC da Coruña e na Libraría Paz de Pontevedra.

Fran Alonso: «O dominio da linguaxe é unha forma de poder»

La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista de Cándida Andaluz a Fran Alonso, autor de Poemas birollos para ler cos ollos, sobre a transmisión da poesía ao público infantil.

Isaac Xubín: «Acéptase, sen emitir ningún xuízo de valor, o monopolio da violencia por parte do Estado»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño. (Foto de Davide Cabaleiro).     Isaac Xubín: «É infantil e ridículo non comparar a situación galega coa vasca porque as linguas non sexan semellantes» Isaac Xubín vén de publicar a súa primeira novela, ‘Non hai outro camiño’, (Xerais).