Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2016

Manuel Gago: «Quixen rebelarme contra a idea do rural galego como un lugar escuro, abandonado e sumiso»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Carolina Neira ao escritor Manuel Gago, sobre a súa novela O anxo negro. (Foto de J. Vázquez)     «Quixen rebelarme contra a idea do rural galego como un lugar escuro, abandonado e sumiso» Gago Mariño vive baixo un paraugas de ideas do que brotan iniciativas coas que revalorizar a cultura popular galega.

Domina con brillantez os códigos da novela negra e lévanos polas rúas de Vigo: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela 2016

Álvaro Montoya publicou no Facebook unha valoración da novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.   «Ía ser outra noite longa. Levaba case unha semana sen pegar ollo por culpa dun caso que nin tan sequera era meu. A televisión cuspía a mesma cotra de sempre e o meu dedo sobre o mando alternaba, de xeito errático e imprevisible, entre a teletenda e o horóscopo.

Novidade: «Nemo. O rapaz sen nome», unha novela xuvenil do escritor italiano Davide Morosinotto. A vida de Nemo está envolta en misterio

Nemo. O rapaz sen nome é unha novela xuvenil do escritor italiano Davide Morosinotto traducida por María del Carmen Alonso Seisdedos. Un misterioso rapaz sen pasado, unha rica herdeira que foxe do seu destino e un ex acróbata unirán as súas forzas nunha loita contra poderosos inimigos. Europa, 1829. Un rapaz de pel escura viaxa nun transatlántico e desembarca no porto de Le Havre.

Labor dignificador: «Arredor das Irmandades da Fala», libro colectivo coordinado por Luís Cochón. Artigo de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia un artigo sobre as Irmandades da Fala no que aborda tamén a publicación de Arredor das Irmandades da Fala, un libro de autoría colectiva coordinado por Luís Cochón e publicado por Xerais. O artigo pode lerse nesta ligazón.