Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2016

Manuel Lourenzo: «Os temas das miñas obras saen das preocupacións habituais do ser humano, que xa estaban na traxedia grega»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Manuel Lourenzo centrada no seu libro Nunca paraíso (Teatro breve 1973-2015), así como na recente concesión ao autor do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais por Suite Artabria, que publicará Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Marcopola 4. Avoa Power», de Jacobo Fernández Serrano. Un personaxe capaz de solucionar coa pintura os problemas que a xente lle formula

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación de Marcopola 4. Avoa Power, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, unha nova entrega da serie Marcopola.

Novidade: «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville. Unha xuíza chega á vila e revoluciónao todo coas súas orixinais sentenzas

A novela A caixiña dos rancores, subtitulada Vidas cruzadas, de Héctor Cajaraville, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas.

O regreso de Sheila e Said ao ano 2009 para abordar a ferida da guerra de Kosovo: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. Anotación en Brétemas

O regreso de Sheila e Said ao ano 2009 para abordar a ferida da guerra de Kosovo: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride, que se presentou o venres en Cambados.     A heptaloxía de Ramón Caride No serán de onte presentamos en Cambados O camiño da Estadea, a derradeira entrega da heptaloxía de Said e Sheila do escritor Ramón Caride.

María Reimóndez: «O relato é unha maneira de dar a entender que hai formas de saír desa situación»

O xornal de Sermos Galiza publicou unha entrevista de R. Castro a María Reimóndez sobre o relato A esencia da cidade, editado para a súa descarga libre no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Presentación en Pontedeume de “A ira dos mansos” de Manuel Esteban

O mércores, 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto, organizado polo Ateneo Eumés e Xerais, participarán Manuel Esteban e Manuel Bragado.

«A esencia da cidade», un relato de María Reimóndez para a descarga libre no Día Internacional contra a Violencia Machista

A esencia da cidade é un relato de María Reimóndez editado para a súa descarga libre, con licenza Creative Commons, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa intención de que o texto que se ofrece e a experiencia que narra axude, en palabras da autora, «a reflexionar, a comprender e a cambiar. Porque a vida de moitas nenas, mozas e mulleres depende diso cada día».

Novela de gran axilidade e dinamismo: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.   Nación Down “A sociedade sinala estas persoas como enfermos, aínda que eles non se senten máis nin menos indispostos que calquera.

Novidade: «Marcopola 4. Avoa Power», de Jacobo Fernández Serrano. Unha avoa capaz de facer cousas incribles!

Marcopola 4. Avoa Power, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é unha nova entrega da serie Marcopola. O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power.

A maxestuosa cifra de 100.000 exemplares vendidos: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.     Cartas de inverno Foi un momento de ledicia mesturada con tristura, de admiración eterna ao ler a cifra, de aperta a un libro que me lembra a dozura coa que me falaba sempre.

A quinta viaxe futurista de Said e Sheila: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride

La Voz de Galicia publicou unha información sobre a novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride, que se presenta hoxe venres en Cambados. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “A caixiña dos rancores” de Héctor Cajaraville

O martes, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro A caixiña dos rancores de Héctor Cajaraville, novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015. No acto acompañarán ao autor Pilar Ponte,  Manuel Bragado e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.