Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2016

Unha novela eficaz que remoe na conciencia: «O amor nos escuros días de Birkenau» de Alberto Canal. Crítica de Dolores Martínez

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Cuestionar o politicamente correcto con ironía, retranca ou parodia: «O inspector e mais eu», de Ignacio Vidal Portabales. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales.     «O inspector e mais eu» de Ignacio Vidal Portabales Presentamos onte na Libraría Couceiro de Compostela O inspector e mais eu, a segunda novela de Ignacio Vidal Portabales.

Un libro-CD delicado, de imaxinación desbordante: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro-CD de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio.

Francisco Coimbra: «En Crónica Córnica o debate sobre a lingua queda nas mans dos falantes»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor Francisco Coimbra sobre a súa novela Crónica Córnica, finalista do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. A aventura final de Sheila e Said

O camiño da Estadea, de Ramón Caride, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación.

Presentación en Cornellá de Llobregat de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O sábado, 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto preto da ACG Rosalía de Castro, Frederic Soler, 71, Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

Contacontos na Coruña de “O cociñeiro Martiño” de Iago López

O sábado, 26 de novembro, ás 12:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a sesión de contacontos a cargo de Iago López sobre o seu libro O cociñeiro Martiño.

Ignacio Vidal Portabales: «O amor é un sentimento tan universal que é moi difícil desprenderse del»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Ignacio Vidal Portabales sobre a súa nova novela, O inspector e mais eu.

Derrota, enfermidade e vinganza nunha orixinal novela: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Antía Otero: «Quixen falar do rural desde o abandono e o abandono é salvaxe»

Nós Televisión publicou unha reportaxe con entrevista a Antía Otero sobre o seu poemario O cuarto das abellas.

Novidade: 35 edición de «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, edición especial dos 100.000 exemplares vendidos

Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade nesta 35 edición conmemorativa. 35ª Edición – Edición especial dos 100.000 exemplares vendidos Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995 Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia.

Carlos Reigosa escribe sobre a loita entre razón e superstición nos crimes rurais na novela «Segredos de Bretaña». Reportaxe de Jaureguizar

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Jaureguizar sobre a novela Segredos de Bretaña, de Carlos G. Reigosa. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.