Menu Xerais

A novela «Izan o da saca», de Xabier Quiroga, Premio Arcebispo Sanclemente

A novela Izan o da saca, de Xabier Quiroga, resultou hoxe gañadora do Premio Arcebispo Sanclemente na categoría en lingua galega, logo da reunión dos membros do xurado, composto por alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago, dotros catro institutos gallgos e de seis centros máis de Gran Bretaña, Francia, Alemaña, Portugal, Estados Unidos e Rusia. Outra novela publicada por Xerais,  Amor en alpargatas, de Manuel Portas, quedou finalista. Nas categorías de lingua española e lingua estranxeira resultadon gañadoras as novelas Cicatriz, de Sara Mesa, e Irène, de Pierre Lemaitre nesta vixésimo segunda edición do Premio San Clemente.

Os estudantes que conformaban o xurado salientario que Izan o da saca venceu por bastantes razones, «xa que os personaxes están trazados con gran profundidade e son redondos, a estrutura da trama é tamén bastante complexa e o feito de que se desenvolvan dúas historias paralelas engancha» En palabras da alumna que fixo públicos os motivos de que gañase esta novela, chegaron a sentirse, ademais de lectores e lectoras, «investigadores» ao empregar a novela fontes de información que fan a historia moi verosímil, o que os obrigou a contrastar o narrado.

A trama de Izan o da saca, de Xabier Quiroga, que está xa na 3ª edición, comeza cando o Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.

 

Deixa un comentario!