Menu Xerais

Conseguíu conmoverme: «De remate», de Héctor Cajaraville. Opinión da estudante Raquel García

O blog As estelas dos ronseis publicou a opinión da estudante Raquel García, do IES Laxeiro de Lalín, sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.

 

De remate

De remate’ de Héctor Cajaraville é un libro que me gustou moito,ademáis de que é un lubro diferente (tanto polos temas que toca como pola forma física de contalos) tamén é un dos poucos libros que conseguiu conmoverme.
O primeiro que me chamou a atención ao comezar a ler este libro, é, como xa fixen alusión antes, a súa forma física.Este libro trata temas que escribe Bieito Sanmarful nun periódico chamado Loeira. Bieito escribe semanalmente artigos nunha columna do periódico citado antes. Neste libro eses artigos van sendo presentado por datas,empeza no 2012 e termina no 2015,anque ademáis do artigo Bieito incorpora anotacións que el fai ou mesmo correos electróncios que recibe.
O que máis me gustou foi que son artigos sobre temas cotidianos para min e Bieito sempre os trata con tanta sinceridade e humor que mesmo chegan a facerme graza,como por exemplo:”Costa da morte blues”,nese relato Bieito conta que tenta amosarlle aos seus amigos a beleza deste lugar pero ten tantas adversidades que ao final termina frustrado.O meu preferido é ‘En las orillas del Sar’ xa que é un relato case cómico pero a min faiseme familiar xa que teño oído contar historias parecidas na miña casa.
Admiro ao personaxe Bieito Sanmarful xa que mediante as anotacións que fai nos seus propios artigos el vai contando pouco a pouco a súa vida,ata o final,con sinceridade e humor.Por iso me conmoveu,polo humor con que levaba todo sabendo ou imaxinando que por moito optimismo que lle botase as súas liñas xa estaban trazadas.Tamén me fixo sentir algo de pena xa que xusto cando él non pode lelas os que foron os seus ‘amores’ confésanlle que lles importa pero claro,el non vai chegar a sabelo.
En conclusión este foi un libro que me gustou moito,ademáis mediante os artigos escritos por Bieito tócanse temas de toda a clase,dende unha pantasma en San Simón ata a morte dun home polos lindes dunha parcela e todos eles con certo punto humorístico.

Deixa un comentario!