Menu Xerais

Presentación en Pontevedra de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos”

O luns, 1 de febreiro, ás 20:00 horas n’ A Casa das Campás, en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos.

No acto, organizado dentro da programación de ForoFhoto Pontevedra coa colaboración do Ateneo e da Asociación Cultura Taller Abierto, Mary Quintero amosará o seu percorrido a través da historia da fotografía, desde o branco e negro ata o dixital acompañada de Fernanda Padín, autora dos textos do libro, e Manuel Bragado.

Deixa un comentario!