Menu Xerais

Presentación en Pontevedra de “Non debían medrar” de Manuel Lueiro Rey

O xoves, 19 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Non debían medrar de Manuel Lueiro Rey.

No acto, organizado dentro da programación de “100 anos nacemento de Lueiro Rey 1916-2016″,  participarán Manuel Bragado, Modesto Hermida e Ramón Nicolás, responsable da edición.

Ao remate intervirán Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro (Piano e Voz).

Deixa un comentario!