Menu Xerais

Presentación no Porriño de “Galería de saldos” de Diego Giráldez

O venres, 10 de xuño, ás 20:30 horas, no Círculo Recreativo Cultural, rúa Domingo Bueno, 11, Porriño, terá lugar a presentación do libro Galería de saldos de Diego Giráldez.

No acto, organizado polo Círculo Recreativo Cultural de Porriño e Xerais, participarán María José Giráldez, Ledicia Costas, Manuel Bragado e Diego Giráldez e contará coa actuación musical de Tony Lomba.

Deixa un comentario!