Menu Xerais

Programa de Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2016

Do 5 ao 10 de abril, na Praza da Ferrería e Paseo Odriozola, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais ten organizados os actos seguintes:

O día 5 de abril, martes ás 19:00 horas, Alberto Fortes dará o Pregón e ao remate o escritor asinará exemplares do seu último libro O dobrón de a oito.
O día 6 de abril, mércores, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación de  Tempo de bebidas isotónicas e fast-food de  Álex Alonso acompañado de Manuel Bragado e ás 20:00 horas a presentación de Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. Participarán Anxo Angueira e Manuel Bragado.

O día 7 de abril,  xoves, ás 20:00 horas, terá lugar a  presentación de Liquidación de existencias de Ramón Caride. Acompañarán ao autor,  Xesús Constela e Manuel Bragado.

Deixa un comentario!