Menu Xerais

Terceira edición do Encontro Dragal no Pico Sacro con Elena Gallego Abad

OElena Gallego venres 27 de maio vaise celebrar, no cumio do Pico Sacro, unha nova edición do Encontro Dragal, coa presenza de Elena Gallego. Este evento pon o broche de ouro ao Proxecto Dragal 2015-2016, no que participan 260 alumnos e 20 profesores de diversos centros das catro provincias galegas (O CPI Plurilingüe de Vedra, o IES de Cotobade, o CPI Cernadas de Castro (Lousame), o IES nº 1 de O Carballiño, o IES Salvaterra de Miño e o IES de Becerreá). O Encontro Dragal é un xigantesco xogo de rol en vivo que se desenvolve no entorno do Pico Sacro, converténdose nunha xornada de convivencia entre os rapaces e profesores participantes no proxecto educativo durante o último curso, e tamén a autora de Dragal (serie de novelas que inspiran esta iniciativa). O alumnado das fraternidades de donas e cabaleiros de Dragal participará nunha xincana de orientación polo monte, no entorno do Pico Sacro, na procura dun prezado tesouro que só poden acadar de forma colaborativa na fin do proceso. Despois do xogo haberá un xantar ao que ten previsto asistir a autora. Tamén se van entregar diplomas aos participantes e, se a climatoloxía o permite, farase unha visita organizada ás covas do Pico Sacro (nas que repousa o dragón mitolóxico).

Deixa un comentario!