Menu Xerais

Un libro con maxia: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015.

 

 

Un libro con maxia

Ledicia Costas dálle vida a unha estirpe fantástica de raíz feminina en «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta»

A voz narrativa desta novela concentra a súa cerna nunha sentenza que di “aventura de flores, océanos e criaturas verdes. De feluxe, raíces e artistas de circo”. En efecto, este libro é isto, pero aínda máis. Costas reconstrúe o Vigo de finais do século XIX con brillantez, homenaxea a memoria do gran Verne, chíscalle un ollo a Philip Pullman, outorga protagonismo equilibrado a achados fantásticos como son un libro cheo de segredos, o chamado Merveilleux Nautilus e as femmes plante. Con todo isto dálle vida a unha estirpe fantástica de raíz feminina que envolve con solidez nunha trama imaxinativa, enfeitizante e que, literariamente, escintila por si mesma. Un libro con maxia.

Ramón Nicolás

Deixa un comentario!