Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2017

Unha novela que avanza e supón unha aposta por perder o medo á morte: «Esmeraldina, a pequena defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Mar Fernández

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre a novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, ilustrada por Víctor Rivas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela, influída por Jules Verne e Walter Scott, sobre a batalla de Rande, unha fonte literaria inesgotable: «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O Códice esmeralda, de Alberte Blanco.     «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco, presentación en Verín Abrimos onte en Verín, coa presentación d´O Códice esmeralda de Alberte Blanco, a tempada de feiras do libro.

Xurxo Mariño: «O feito de escribir o libro fíxome recopilar moita máis información na viaxe e fíxome aprender moito máis»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou ao neurocientífico Xurxo Mariño  sobre o seu libro Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Esmeraldina, a pequena defunta», «Marcopola 4. Avoa power» e «O cociñeiro Martiño» encabezan os libros máis vendidos nas categorías de Infantil, Banda Deseñada e Álbum Ilustrado

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de febreiro e marzo a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. A categoría infantil continúa encabezada por Ledicia Costas, con Esmeraldina, a pequena defunta.

Unha novela unha que non deixa indiferente, contra a violencia e a favor da paz: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre a novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Marín de “Bolxeviques 1917-2017” coord. por Teresa Moure

O xoves, 6 de abril, 2017, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Marín, terá lugar a presentación do libro Bolxeviques. 1917-2017 de Teresa Moure (coord.). No acto, organizado en colaboración con Através Editora, editorial que publicou o tomo Bolcheviques 1917-2017  coordinado tamén por Teresa Moure, participarán José Emílio Vicente e Teresa Moure.

Presentación na Coruña de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O xoves, 6 de abril, 2017, ás 19,30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto acompañará ao autor Begoña Varela, libreira e promotora de varios clubs de lectura.

Xurxo Mariño: «Coa viaxe queriamos coñecer a natureza, os pobos, gozar coa paisaxe, aprender como se fala nos distintos lugares….»

A Revista Fin de Semana da TVG emitiu unha entrevista de María Solar a Xurxo Mariño  sobre o seu libro Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un canto humanista de esperanza, un poemario sobre a cidade e os libros: «A elegancia do século», de Pura Tejelo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016.   «A elegancia do século»,  de Pura Tejelo Moita xente, moita, acompañou onte a Pura Tejelo na presentación en Portas Ártabras do seu primeiro libro de poemas, A elegancia do século, premio Johán Carballeira 2016 do concello de Bueu.

Tenrura e orixinalidade: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o álbum ilustrado Animalario cotián… entre irmáns, escrito e iustrado por María Li   Pfr…Pfrr… Poc-poc-poc Os irmáns, irmáns e irmás, danzantes, pelexóns, incansables; ese amor miúdo que se dá, que só se dá entre irmáns e camiña polo gume do amor-odio, do quérote sen quererte, da complicidade extrema, da confidencia, do

A novela «Principio de incerteza», de Pilar Ortega, gaña o Premio Ánxel Fole de narrativa curta

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobreo fallo do Premio Ánxel Fole de narrativa curta, que gañou a escritora Pilar Ortega coa novela Principio de incerteza.   «Principio de incerteza» de Pilar Ortega, premio Ánxel Fole Despois de varios meses de lectura escollemos onte no concello de Lugo, entre 49 orixinais, a obra gañadora do Premio Ánxel Fole de narrativa curta.

Vídeo da presentación de «Terraza», de Fran Alonso, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación de Terraza, de Fran Alonso en Vigo.