Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2017

Un saquiño de cereixas que dá ganas de mordelo: «Beixos de lingua», de Paco Barreiro. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre o libro de poemas Beixos de lingua, de Paco Barreiro.   Words in Books: Beixos de lingua Como a maioría dos mortais, adoro estes meses que constitúen o limiar do verán: a luz, os días longos, a explosión de cores, as nubes antolladizas, os baños de mar prematuros e… as cereixas.

Filósofos de taberna na mellor tradición dos artistas gráficos: «Floreano», de Gogue. Artigo de Ceferino de Blas

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo de Ceferino de Blas sobre o libro de tiras de humor Floreano, de Gogue, que acaba de publicar Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «Sobre elementos reais construín unha historia fantástica lle da valor a esta novela»

O xornal El Progreso de Lugo publicou unha entrevista de María L. Viñas ao escritor Héctor Cajaraville, sobre a súa novela e Once portas. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Suso de Toro reflexiona sobre a vida en «Humildar», o seu último libro

O xornal El Correo Gallego publicou unha información sobre o libro ensaístico Humildar, de Suso de Toro.   Suso de Toro reflexiona sobre la vida en su última obra, «Humildar» El escritor gallego Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1965) ha presentado su última obra, “Humildar. Rituais despois de Deus”, en la que reflexiona sobre la vida y la espiritualidad.

Unha novela áxil e cinematográfica, con paixón, ambición, vinganza, sexo: «Norteáns», de Mar Guerra. Crítica de Belén Bouzas Gorgal

Belén Bouzas Gorgal publicou nas páxinas de El Correo Gallego, unha recensión crítica sobre a novela Norteáns, da escritora Mar Guerra. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xosé Benito Reza: «Na novela quixen reflectir as tensións nas vilas durante a ditadura»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Maite Rodríguez a Xosé Benito Reza, autor da novela Terradentro. (Fotografía: Miguel Villar)     «Quixen reflectir as tensións nas vilas durante a ditadura» O autor celanovés presenta a súa primeira novela, «Terradentro», que mestura intriga e lembranzas pasadas O escritor e enxeñeiro celanovés Xosé Benito Reza presenta hoxe en Celanova (Casa dos Poetas, 20.

Interésame moito a «Terraza» de Fran Alonso, un dos nosos escritores máis coherentes. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha lectura que gustará aos peques da casa: «Formig4s. Misión Tokyo», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro Formig4s. Misión Tokyo, da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.   Formig4s. Misión Tokyo Se un libro transcorre en Tokyo, tenme gañada, indubidablemente e por razóns obvias.

Dúas novelas engaiolantes: «Crónica Córnica», de Francisco Coimbra e «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo no que fala sobre as novelas Crónica Córnica, de Francisco Coimbra e Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz no Barco

O venres, 26 de maio, 2017, ás 20:30 horas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, rúa Academia Dequidt, 6, O Barco, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto, organizado polo Concello do Barco de Valdeorras, participarán Xosé Luís Álvarez, Margarita Pizcueta e Xabier Paz.

María Reimóndez e Héctor Cajaraville na Feira do Libro de Lugo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre as presentacións de Corredora, de María Reimóndez, e Once portas de Héctor Cajaraville, na Feira do Libro de Lugo.

Gogue recolle nun libro as tiras comicas que publicou en Faro de Vigo: «Floreano»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Manuel Méndez sobre o libro de tiras de humor Floreano, de Gogue, que acaba de publicar Xerais. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.